lunes, 25 de junio de 2007

Por San Xoán a sardiña molla o pan.




Que razón ten o encabezamento, xa que as sardiñas estaban no seu punto.
Como tódolos anos con a chegada da noite do 23 de xuño, Noite de San Xoán, nos concentramos a veira de Xulio para degustar as xardiñas con que nos deleita.
Este ano como non podía ser menos e baixo o ritmo imposto por Saavedra, todo o mundo se animou a bailar algunha peza o remate das xardiñas, facendo tan bo tempo que ainda que cantou Xulio non foi quen de estraga-lo.
Despois achegámonos a praia de Cabañas para seguir con a troula, praia que estaba ateigada de xente e de lumeiradas cada cal mais grande que a anterior, e como nós non podíamos ser menos, fixemos unha que tivemos que esperar caseque apagase para poder salta-la e así poder decir os conxuros para botar os meigallos fora e darlle a benvida o verán.

viernes, 22 de junio de 2007

Noite máxica, noite de San Xoán

Noite máxica dende os tempos mais remotos e que coincide con a celebración do solsticio de verán, polo que será a noite mais curta do ano. Na nosa terra ten unhas características especiais. É a noite do lume, fogueiras, lumeiradas, cachelas ou caharelas, pero tamén da auga donde reviven as fontes santas e milagreiras, a das nove ondas xa que purifican e fecundan, do orballo e do mundo vexetal.

Como ben sabemos en Pontedeume, nesta noite as plantas acadan o seu maior explendor e as suas maiores propiedades curativas e máxicas. Por ese motivo aquí en Pontedeume tóda-las mozas as recollen para poñelas un caldeiro con auga, para deixalas dentro toda a noite baixo o orballo, aproveitando toda a familia o erguerse, en especial os nenos para lavarse a cara con esta auga milagreira.

Algunhas herbas varían segundo a zona, pero as mais comúns en Pontedeume son as seguintes

- As rosas, as cales teñen propiedades tónicas e astrixentes para a pel.

- Os fentos dos que se dice que nesta noite bota flores, flores que servirán para facer feitizos.

- Herba luisa, herbas que teñen propiedades dixestivas e aparte tamén se empregaban para moitos ritos e feitizos amorosos.

- Herba de San Xoán, empregada para purificá-la casa o queima-la dentro da mesma.

- Romeu, outra das plantas empregadas en purificá-la casa e protexer a mesma.

- Hai outras como a menta e a ruda, plantas moi empregadas aquí.

Nesta ocasión me fago eco dunha iniciativa que levaron a cabo o ano pasado a UCOA (Unión de comerciantes autónomos eumeses), que van repetir este ano repartindo ramilletes entre os sus clientes para que estes somentes teñan que poñer en auga e baixo o orballo da noite as herbas milagreiras, e así poder lavá-la cara con a auga das mesmas.





jueves, 21 de junio de 2007

Aserrín, aserrán xa esta aquí o verán.

Como dí a canción "aserrín, aserrán xa esta aquí o verán", pero somentes como dí a canción, non se vos ocurra mirar pola fiestra para tratar de comprobalo, polo menos en Pontedeume.
Con a chegada do verán ábrense infinitas posibilidades de festa esgotándose as excusas para evitar sair de troula.
Sin ir mais lonxe para este fin de semán, xurde a posibilidade de expresar a nosa devoción por San Xoan, e participar nas múltiples sardiñadas o carón das múltiples lumeiradas ou cacharelas de San Xoan.
No noso concello ainda se mantén a tradición de porfiar que é de facer a lumeirada mais grande, ainda que teñamos que sair da vila para comprobalo e trasladarnos as parroquias do noso concello, tradición que na vila se perdeu imaxino que por cuestións de seguridade, pero quen non lembra as lumeiradas da "Estación", as da "Praza da Calzada" , imaxino que tamén habería algunha por a zona de "Ricardo Sánchez" descoñecendo este dato, pero destacando sobor de todas a de "Boavista" xa que era a mais grande de todas.
Para todos aqueles que fagan unha lumeirada ou cacharela, lémbrolles as verbas que deben decir o salvar as mesmas, xa que serven para purificar e botar os meigallos fora aparte de casar as mulleres que as salten sin tocar o lume veces impares. As verbas que coñezo son: "salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can" ou esta outra "Deus te dou, Deus te criou, Deus che saque este meigallo se alguén cho botou. Antes que o mal sexa visto, naceu Cristo, morra este mal e viva Cristo", e por último cando se achega a hora de bota-la borralla e as cinzas de cara o río e acaben no mar non esquezan decir: "Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de tí. Deus te leve ó mar onde non cantou a galiña nin o galo, pois o que cantou levouno o diaño"
Por último e para que estedes informados das moitísimas festas e caralladas que se celebrarán tanto no noso concello como en toda Galicia, poño o alcance da vosa man este buscador de festas para que non perdades ningunha, así como non podo evitar recomendarvos o enlace que tedes nesta páxina dun blog "Pontedeume en Festas" que trata de recopilar tamén as festas que surden argalladas a nivel local e non están recollidas por o buscador.

lunes, 18 de junio de 2007

Cando en Pontedeume se xuntan uns amigos.



Tódolos anos argallado por Xulio e Rosa donos do "Bar Fubolín" de Pontedeume para dar escomenzo a tempada de verán, celébrase unha comida nas Fragas do Eume, baixo a atenta e maxestuosa mirada do río Eume.
Este ano no ía ser menos, e ainda que o tempo ameazase choiva, animámonos un grupo de apróximadamente oitenta persoas.
Foi un día no que houbo de todo, dende música, maxia para os mais cativos, e sobor de todo comida e bebida a esgalla.
Nas fotografías anteriores, podedes ver un momento no que se estaba a afinar unha zanfoña feita feita por él artesanalmente, a presenza duns xamóns que tiveron a delicadeza de acompañarnos no evento e a sobremesa onde nos animamos a entoar unhas cantigas.
Amósovos tamén tres enlaces donde poderedes visionar tres vídeos; o primeiro titúlase "Afiando a Zanfoña", o segundo "Entoando antes da comida" e o terceiro a "Sobremesa nas Fragas do Eume".

miércoles, 13 de junio de 2007

Abelardo Miguel y María Fidalgo.


Na entrada anterior me fixen eco do chamamento de María Fidalgo para tratar de levar a cabo un estudio e catalogamento da obra de Abelardo Miguel.
Posto en contacto con a mesma e tras recibir un correo no que me amosa o cariño e ilusión que está a desempeñar na sua laboura, me obriga non so a tratar de axudala en todo o que sexa posible, senon que xa vos podo comentar que teño localizados varios cuadros, sobretodo retratos de mariñeiros, que lle farei chegar xunto con os comentarios e historias dos mesmos.
Achégovos un extracto do comentario que me mandou do cadro que teñen os meus sogros, no que amosa os seus coñecementos e espero vos anime a axudala.

"A paisaxe é un xénero que o traballou pouco como xénero individual, en cambio moito como complemento das suas obras de figuración e bodegón, por o que o cadro aparte da sua espectacular beleza ten o valor engadido da sua singularidade". María Fidalgo.

Graciñas por o teu comentario e tamén por a fotografía do cadro con que me agasallaches, a cal vos amoso.

domingo, 10 de junio de 2007

Abelardo Miguel.



Fágome eco dun chamamento feito nunha páxina dun amigo, Pontedeume na rede, na que unha muller se interesaba por a obra e traballo de Abelardo Miguel.
Dende este blog prégolles a tódolos visitantes do mesmo que si teñen algunha nova que aportar mas fagan chegar que me comprometo a mandarllas a María Fidalgo, persoa que tenta recopilar a sua obra e facer pública a mesma, poñendo a vosa disposición os artigos que a mesma publicou no Diario de Ferrol, na Opinión de Coruña e unhas enquisas persoais da mesma.
Dende este blog teño o orgullo de amosarvos a fotografía do cadro de Abelardo Miguel que preside o salón da casa dos meus sogros, cadro que Abelardo Miguel lles agasallou con motivo do seu casamento fai 37 anos, e no que nos amosa a vista que dende "Zopazos" se pode observar da ría, paisaxe que os Eumeses coñecemos ben.

viernes, 8 de junio de 2007

Buscando quen me visita.

Nunha tarde de choiva como a de hoxe, me propoño ver tanto a xente que me visita como a canle que seguen para chegar a esta páxina, por o que atopo páxinas de amigos como poden ser Pontedeume na rede ou a de Pontedeume-fala, páxinas nas que tedes unha ligazón para chegar a miña, pero o que me verdadeiramente me sorprendeu foi o descubrir que hai unha dirección onde podedes atopar blogs en galego, nas que me atopo.
Espero visitedes tanto as páxinas destes amigos como a que aglutina todolos blogs en galego, hai mais de 3.000, por o que vos aseguro entretemento por unhos intres.

jueves, 7 de junio de 2007

Catálogo de árbores senlleiras.

O pasado martes 17 de abril do presente ano ven de ser publicado no D.O.G.A. o Decreto 67/2007, de 22 de marzo, no que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, podendo presumir de ter na proposta dun principio que se fixo de catro árbores, penso que o último é de outro concello concretamente o de Miño, refírome o Piñeiro bravo de Leiro, e nun artigo publicado na Voz de Galicia do que vos adxuntarei o recorte do mesmo, veñen recollidos os tres que nos corresponden.
Veñen recollidos o Teixo - Tejo (Taxus baccata L) situado este xunto a casa dos Tenreiro, a casa que está o final do paseo marítimo de Pontedeume,ainda que na mesma hai duas árbores levando a fama a que está preparada; o Metrosidero Excelsa (Metrosideros excelsa Soland. ex Gaertn) situado este no xardin de Lombardero xunto o Torreón dos Andrade; e a Araucaria Excelsa (Araucaria heterophylla Salisb. Franco) situada esta última tamén na casa dos Tenreiro.
Existen tamén outras árbores que non veñen a ser mencionadas nin recollidas por o Catálogo como pode ser por exemplo o Teixo do asilo de ancians.
En posteriores entradas amosareivos fotografías dos mesmos, así como unha reseña e historia dos mesmos xa que baixo algún deles se celebraron Consellos de Ministros nos tempos de Azaña.