martes, 31 de julio de 2007

D.O. Monterrei moito por descubrir, anímate.


Non é que queira descubrir agora a D.O. de Monterrei, somentes vos quero amosar e abrir os ollos a aquelas persoas que descoñezan ou non tivesen a oportunidade de probar os caldos que alí se están a elaborar.
A D.O. Monterrei nace das vides que se atopan baixo a atenta mirada do Castelo de Monterrei, nas suas propias ladeiras e no propio val do río Támega e afluentes, ocupando unha extensión apróximada de 3.000 hectáreas. O seu chan é profundo e fértil, de terras pardas, materiais silíceos e con unha acidez media-alta. O seu clima se pode decir que ten rasgos mediterráneos, de veráns moi cálidos e con unha pluviosidade de 683 mm/ano.
Esta D.O. de recente creación, pois data do ano 1.996, cultiva nas suas viñas para o blanco as variedades autóctonas Dona Branca (Valenciana ou Moza Fresca), Godello (Verdello) e Treixadura (Verdello Louro), obtendo uns viños brancos frescos, afrutados e moi agradables, con un excelente equilibrio entre graduación e acidez, e para os seus caldos tintos empregan Mencía e Tempranillo (Arauxa) con o que están a conseguir uns viños frutais e moi expresivos.
Como mostra de todo esto que estou a contar amósovos un artigo que saiu pubricado na Voz de Galicia sobor do éxito colleitado por a D.O. de Monterrei no que despois de unha cata de caldos galegos deu como gañadores a dous viños de esta D.O., así como un enlace donde poderedes comprobar o eco que de esta nova tivo na Consellería de medio Rural desta cata celebrada en Allariz.

domingo, 29 de julio de 2007

Disfrutar da gastronomía galega.


Cando de disfrutar se trata aquí sabemos como facelo, pois somos quen de conxugar a imaxinación, a tecnoloxía e a gastronomía Galega.
Facer un "Cabrito o espeto" todos sabemos que é moi laborioso e que vai levar moito tempo facelo, pero hai é donde entra a nosa imaxinación, pois conxugar tecnoloxía para facer moito mais levadeiro o proceso de asado con a tranquilidade de poder charlar o carón dunha cunca de viño D.O. Monterrei sin perder o sabor tradicional do asado, fomos quen de o lograr o outro día.
Podedes imaxinar o resultado, unha pel tostadiña e crujiente o vez que a carne estaba tenra e zumenta.
Estou a procura de buscar unha aplicación para tratar de facervos chegar polo menos o cheiro xa que como podedes imaxinar non sobrou nada, pero si o que queredes é probar un, deixovos aquí o enlace de unha festa prevista para o vindeiro día 11 de agosto cerca de Pontedeume, no que o "Cabrito o espeto" será convidado de honra.

domingo, 22 de julio de 2007

¿Estamos no verán ou en outono?.


De todos é sabido que estamos no verán, bueno "verán" porque miro a data que marca o meu reloxio, porque si miramos para o ceo decatámonos de que facía moito tempo que non tíñamos un verán así.
Hoxe por a tarde dando un paseo por a Vila, concretamente por o Paseo Marítimo xa que hoxe por enésimo día non podemos disfrutar dun pouco de sol para acudir a praia, me decato de que unha árbore está a quedar sin follas, por o que penso duas cousas, ¿está a secar ou a natureza que é sabia dixo que o verán xa rematou e adiantou a caida das follas?.
Prometo mantervos informados, polo de momento disfrutade con as fotos.

jueves, 19 de julio de 2007

Voluntarios en Defensa do Monte Galego en Pontedeume.

Este ano debido as condicións metereolóxicas a tempada de alto risco de incendio nos montes galegos se está a retrasar, pero non por eso nos podemos relaxar e dende varias institucións como pode ser Voluntariado en Defensa do Monte Galego ou dende o Centro de Educación Especial "Carmen Polo" de Ferrol, nos están a dar unha lección de solidariedade e traballo con a natureza e preservación dos nosos montes, para eso basta con ver a laboura que veñen a desempeñar e sobor de todo a ilusión que teñen os mesmos, posta de manifesto nunha carta que escrita do seu puño e letra e asinada por catro voluntarios nos describen as suas sensacións. Se tedes oportunidade non deixedes de botarlle un vistazo pois as estan a pegar por moitas esquinas e lugares da vila.
Si te queres facer voluntario, o podes facer chamando o teléfono gratuito 900 400 800, anímate.

martes, 17 de julio de 2007

Procesión Marítima do Carme Pontedeume 2007.

No día de onte en Pontedeume tivemos a oportunidade de volver a recuperar a Procesión Marítima e así rendir merecido homenaxe a Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.
A vila dos Andrade, un pobo que o longo da súa traxectoria ten un marcado carácter mariñeiro, onte nunha tarde chea de emoción e ledicia, posta de manifesto a través dos centos de persoas participantes e nas autoridades que a acompañaron, poideron ser partícipes tanto da misa que tivo lugar no porto baixo a atenta mirada da Imaxen da Virxe do Carme, como da procesión marítima que tivo lugar a continuación, na que como mandan as tradicións e a bordo nesta ocasión do barco "Capricho" zarpou ao encontro da outra imaxe da Virxe, que dende Redes e a bordo do "Santiaguiño" surcaron xuntas a ría ata depositar a coroa no mar antes de regresar cada unha o seu Porto, aproveitando a Imaxen da Virxe para darlle un cariñoso guiño a Estatua que a mesma ten e preside a entrada do porto de Pontedeume, saudándose ata o ano que ven.
Dende aquí quero agradecerlles tanto a Antón como a Paloma os (Fornos ou Fonés) xa que tras a sua invitación e a bordo do "Piula" foi posible a miña participación na Procesión facendo posibles estas fotografías. Grazas.


sábado, 14 de julio de 2007

Sábado 14 de xullo, nublado, pero Pontedeume a tope co feirón.

Sábado 14 de xullo, o día aparece nublado e o sol non nos quere deleitar con a sua presenza, por o que penso que moita xente decidiu que a mellor forma de pasar o día sería Pontedeume e o seu feirón.
Bastaba con dar unha volta por Pontedeume hoxe para darse conta que algo estaba a suceder, xa que non era un sábado normal. Hoxe sábado en que moitas persoas deron o pistoletazo de saida as suas vacacións e o non acompañar o tempo decidiron que a mellor forma de pasar a mañán era no feirón e abofé que dou fe do mesmo.
A continuación amosareivos unha serie de fotografías tomadas no feirón, non querendo deixar pasar a oportunidade de agradecer a tódalas persoas que fixestes posible que este blog xa teña mais de mil entradas, por o que somentes GRAZAS.

jueves, 12 de julio de 2007

Estampas que facía tempo que non se vían en Pontedeume.



Facía moito tempo que estas estampas non se vían en Pontedeume reza o titular.
Partindo da idea de que me da igual o partido que esté no poder, xa que valoro o traballo que se faga por e para o mesmo, pódovos decir que estamos a notar un cambio no pobo pouco a pouco e que non está a pasar desapercibido. Esta nova corporación estase a dar conta que temos un pobo moi grande e que ten unha beleza e riqueza recoñecida que todos sabíamos menos os que estaban no goberno anterior, e por moi pouco que se faga sae a relucir.
Séguense a notar aparte dos cambios que mencionei na anterior entrada, o pintado das farolas, o coidado dos nosos xardíns, e tamén vos menciono o coidado que estan a levar no cemiterio, pois no mesmo cortaron uns cipreses secos e procederon a limpar de maleza as paredes do mesmo.
Dende este blog vos animo a seguir esperando que os operarios do concello non se den de baixa por exceso de traballo con respecto a anos anteriores.

lunes, 9 de julio de 2007

Escomenzan a verse cambios no pobo.

Despois dun tempo no que por motivos laborais tiven o blog un pouco parado, volvo con ánimos renovados e con a ledicia de podervos comunicar que se están a notar pequenos, pero o fin e o cabo cambios no Pobo.
Nunha época do ano en que o calor e o astro rei deberían estar o noso carón, póñome a pensar en que igual se contaxiou da deixadez con que se viña a desenrolar o noso Pobo, pero que nestas últimas semanas escoménzase a ver unha luz de esperanza no horizonte o igual que na fotografía, para o volver a Rexurdir de Pontedeume.


Parece que atrás queda a desidia na que viña a estar mergullado Pontedeume. Con respecto a deixadez do paseo marítimo, cortouse a herba do mesmo, estanse a lixar as farolas que quedaron, imaxino que para pintalas, escomenzouse a reparar a fonte do inicio do paseo, etc, pequenos cambios pero que demostran gañas de traballar, aunque tampouco é para loubar moito esto xa que para eso foron elexidos.
De seguido vos amoso unha serie de fotografías nas que se ve o antes e o despois para que vos mesmos saquedes as vosas propias conclusións.
Existía un antes:


E por sorte e sacadas no mesmo sitio un tempo despois: