sábado, 29 de septiembre de 2007

Hoxe 29 de setembro é San Miguel e toca ¡Subir a Breamo!...

Hoxe 29 de setembro é San Miguel e polo tanto tódolos eumeses e os milleiros de persoas que nos visitan hoxe quedan convidados a Subir a Breamo.
En Pontedeume duas veces no ano celebramos a Romería de Breamo, a do 8 de maio e a de hoxe. Nestas datas os eumeses aproveitamos para darlle a benvida e despedida o verán.
Hoxe en calquera recuncho da vila poderá ser visible a ledicia e sorrisos de toda a xente, polo que dende aquí convídovos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
¡Que o pasedes ben!.


jueves, 27 de septiembre de 2007

A Galega en Pontedeume.

Imaxino que xa teredes visto por Pontedeume durante estas últimas semanas a Galega.
Si falo da Televisión de Galicia, que está a rodar os exteriores da súa nova serie "Os Atlánticos".
Esta nova serie escomenzarase a emitir no vindeiro mes de xaneiro e constará nun principio de 13 capítulos protagonizados principalmente por Manquiña, Deive e unha morea de novos talentos entre os que cabe destacar algúns que xa participaron en "Mareas Vivas".
Amósovos unhas imaxes nas que poderedes ver un momento da rodaxe de onte na rúa Real.Dende este este blog desexarlles os maiores dos éxitos a esta nova serie.


viernes, 21 de septiembre de 2007

Xa falta menos para "San Miguel".

Xa falta menos para que chegue o 29 de setembro, día no que se celebra o San Miguel.

Cando esa data chega, tódolos eumeses e persoas que coñecen as costumes eumesas, se preparan para celebrar e disfrutar da Romaría de Breamo.
Amósovos o cartel obra de "Chimporta" e que nos está a recordar o evento. Para os mais impacientes e queren saber canto tempo falta, tedes na marxe dereita do blog un contador que vos indica o tempo que teremos que agardar para subir.
Ah se me esquecía, podedes mirar si estades no cartel, xa que o mesmo está feito con fotos modernas e antigas de xente que sube a breamo.

martes, 18 de septiembre de 2007

Voltamos de larpeiros.

De novo nos volvemos a xuntar uns amigos e dende Pontedeume saimos con a intención de facer mais agradable o domingo.
A primeira parada era Melide para alí poder tomar os viños de rigor e facer hora ata a comida.
Cando se aproximaron as tres da tarde saimos cara o "Muiño das Canizas", un lugar que vos recomendo tanto para comer como para pasar un día en contacto con a natureza.
Despois de comer e de tomar a nosa primeira "chispanza" de rigor na terraza do muiño, demos un paseo rio arriba con a intención de si éramos quen de ver unha troita de pé, non houbo sorte, pero ainda así poidemos disfrutar do entorno.
O acabar o paseo saimos dirección o Castelo de Pambre e o Balneario Rio Pambre, para unha vez chegados alí poder disfrutar con a nosa segunda "chispanza" sentadiños na terraza e respirando a tranquilidade do entorno.
Cando acabamos saimos dirección a Pontedeume con a intención de ver o partido de baloncesto, que non tivo o final que todos desexávamos, pero que se lle vai a facer outra vez será, eso si Grazas dende aquí a parella de amigos que se xuntaron por primeira vez o grupo e nos permitiron disfrutar mais da excursión, xa que naceron na zona visitada.



miércoles, 12 de septiembre de 2007

Volta á realidade cotiá.

Remataron as Festas das Peras 2007, dende este blog noraboa os da comixión por os éxitos acadados, e voltamos á realidade cotiá.

Nestes días poidemos disfrutar dos Mómaros e Cabezudos,da cucaña,do concurso de froitas,de moitas mais actividades que tivemos nestes días e de toda a algarabía que había nas rúaspero a partires de agora basta con dar un paseo para darse conta de que todo pasou e voltamos o cotiá, pois xa non están ateigadas de xentepero como Eumeses que somos, e copiando o que dín en Pamplona "Eumeses, non vos preocupedes que xa queda un día menos para honrar a San Miguel e poder subir a Breamo".



lunes, 10 de septiembre de 2007

Concurso de froitas e descenso do Eume das Peras 2007.

Chegou o día do concurso de froitas e de ver quen gañaba o 41º descenso do Eume en piragua.
De mañanciña xa nos poidemos deleitar con o concurso de froitas, das que moitas xa eran comidas somentes con a vista pois lucían fermosas , apetitosas e orgullosas de poder exhibirse diante de tanta xente. Contanme que destacaban entre todas as froitas uns limóns que tiñan o tamaño de melóns, e que moitan xente pensaba que se trataba de marmelos xigantes. Deixovos unhas fotos para deleite e recordo.

E xa por a tarde o 41º descenso en piragua nos fixo apostarnos as marxes do Eume, e así poder ver o esforzo que estaban a facer todos os piraguistas. Deixovos unha foto do palco con todos os trofeos que se iban a premiar os mais destacados.

domingo, 9 de septiembre de 2007

A cucaña das Peras 2007.

Estamos de cheo nas Festas de Pontedeume, As Peras 2007.
Hoxe o artigo versará sobor de un dos momentos que mais me gustan tanto a mín como a tódolos visitantes que veñen a Vila, a Cucaña Marítima.
Xa sabedes do que estou a falar, pero para aquelas persoas que descoñezan o que é, decirlles que se trata de poñer nun barco un pao inclinado untado con sebo e na punta do mesmo unha bandeira. Unha vez colocado todo esto e por riguroso orde hai que tratar de coller a bandeira, levando suculentos premios as tres primeiras persoas que o conseguen.Por toda a Vila xa sabemos cando as collen, a fotografía anterior corresponde o momento en que Xavier non me lembro do seu apelido colle a segunda bandeira, pois cada vez que se colle unha bandeira soan bombas de palenque, na primeira unha bomba, nas segunda duas e tres na terceira, que dan paso de seguido a un dos momentos preferidos dos rapaces, a Queima do Galán, un boneco que ten no seu interior material pirotécnico e que rema ata estoupar.



viernes, 7 de septiembre de 2007

Dende Pontedeume para o mundo, ¡As Peras 2007!.

Deron as doce do medio día e puntuais a sua cita acudiron os Mómaros e os Cabezudos. A praza e rúas colindantes ateigadas de xente foron testemuñas de como os chupinazos deron inicio as festas con a presenza do Alcalde e algúns concelleiros,de seguido puidemos ver o primeiro bico entre os mómaros
para despois dar paso o pasarrúas por todo o pobo e así dar por comezadas as Festas das Peras 2007 de Pontedeume.

¡Que pasedes boas Festas!.

martes, 4 de septiembre de 2007

Novo "Botellón" pero variamos o menú.


Un fin de semana mais nos xuntamos un grupo de eumes@s con gañas de pasalo ben, por o que tras reunirnos nunha finca con vistas a ría, escomenzou a festa.
Nada mais chegar e unha vez repartidos as labouras de cada un, empezamos por abrir o "botellón" esta vez era de cervexa e a cortar a empanada para que así baixase mellor.
Toda vez que a cervexa tocaba o seu fin, decidimos que era a turno de ir catando as diferentes D.O. que alí se deron cita, pois había dende maceracións carbónicas ata grandes reservas da rioxa.
A todo esto xa estaban ben avanzadas as viandas que nesta vez había pouca cousa, sin olvidarnos da empanada, había navallas, bacallau o forno e o pil-pil, chourizos criollos e os normais, touciño entrefrebado de porco, xeados, froita, queimada, e a sorpresa final que nos ofreceu a nosa mellor reposteira, empanada de mazá, ¡que rica!, amósovos a sua foto.Unha vez que demos conta de todo esto e botando en falla as parellas que faltaban, os "mañicos" e os "catalás do órdago", escomenzamos a xogar as cartas baixo os efluvios das chispanzas, e da auga de Valencia, pasando o remate a botar unhas partidas de "brilé", no que o resultado era o de menos. Espero que non salte moito a vista, pois ¿nótase que perdemos?.