jueves, 28 de febrero de 2008

1ª Xornadas gastronómicas do Porco Celta no Eume

A Asociación Gastronómica do Eume "A esmorga" presenta ás Iª xornadas gastronómicas do "Porco Celta", que terá lugar ou vindeiro venres 29 de febreiro as 19:30h no Centro de Recepción de Visitantes dás Fragas do Eume, en Ombre.

Contaremos neste acto coa participación de Eugenio Prados, Director Técnico de Asoporcel (Asociación de criadores de Porco Celta) así como de Quino Pisonero, Veterinario de campo dá propia asociación e de Jose Luís Perez Gonzalez, xerente de "Porco Real" empresa elaboradora de produtos cárnicos de Porco Celta.

Non remate do acto-presentación pasaremos a facer unha cata-degustación, comentada, dous produtos de Porco Real.

Para mais información arriba tedes o cartaz do acto.



Cursos de Formación para persoas en paro

A Asociación de Vecinos "A Vila" de Pontedeume, no seu afán de dar a coñecer e que así poidan chegar a tódolos veciños de Pontedeume, faime chegar por medio do correo electrónico as ofertas de cursos para persoas que estean en paro. Estes cursos están promovidos por os sindicatos, debendo saír máis cursos en próximas datas. Póñovolos nun enlace para que podades descargar o arquivo no caso de que estedes interesados. Se algún curso fose do voso interese deberedes ir á oficina de emprego. Cada curso ten unha axuda econónica de 6 euros diarios para gastos de desprazamento.
Desde aquí grazas a Asociación de Veciños "A Vila" polo seu traballo e preocupación co resto de veciños.

Descargar cursos sindicatos de Fene


Descargar cursos sindicatos de Ferrol


miércoles, 20 de febrero de 2008

¡¡¡ Cambio climático ou ten un par de c.... !!!

Calquera que se asome á fiestra ou salga a pasear pola rúa, campo ou calquera outro lugar, poderase dar conta de que o tempo xa non é como antes e pódense ver árbores en flor, co perigo de que veña unha xeada e leve tódolos brotes por diante, ou esta imaxe na que se pode ver a moitas persoas paseando pola praia máis ou menos abrigadas mostrando o seu asombro ao ver a unha persoa de idade avanzada como se baña e inclusive dá unhas brazadas no mar.


martes, 12 de febrero de 2008

"Eu xa doei, ¿e ti?"

Como dixen na entrada anterior, hoxe durante todo o día estará na Alameda de Rajoy, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para atender a todos os doantes de sangue.En devandita unidade e como profesionais que son, atenderanche enseguida e cun sorriso farán posible que does sangue, polo que estarás doando vida.
Durante o proceso ofreceránche de beber e comer algo, e o finalizar regalaranche un detalle, pero recorda que o mellor agasallo estalo facendo ti ao doar.
Tras todo isto soamente me queda por dicir que "Eu xa doei, ¿e ti?".


lunes, 11 de febrero de 2008

Doar sangue é doar vida

O martes 12 de febreiro desde as 10'00 ata as 14'00 horas e desde as 16'00 ata as 21'00 horas a unidade móbil do centro de transfusión de Galicia, estará na Alameda de Rajoy esperando a solidariedade de tódolos eumeses, porque recorda "Doar sangue é doar vida".


lunes, 4 de febrero de 2008

Os manxares do entroido

A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma.
O porco é o rei da festa. O Entroido é a primeira festa popular que se celebra despois da matanza, que ten lugar a finais de decembro ou principios de xaneiro. Nestas datas cómese a cachucha, cachola, cacheira, cachela ou cachaza, que é a cabeza do porco, cocida con grelos, patacas, chourizos, rabo; o lacón con grelos; botelo ou a androlla.E ainda que tente agocharse tras o disfraz, acabará no caldeiro igual.