jueves, 22 de mayo de 2008

Ano de parrochiñas da ría

Se facemos caso do que din os nosos maiores a tenor destas fotografías, este ano será un bo ano para as parrochiñas da ría.
Nas mesmas e sacadas desde a distancia, sei que poderían ser mellores, podemos ver a parte dos 7 golfiños ou arroaces que hoxe pola mañá apareceron na ría fronte á praia da magdalena.

Polo que facendo caso aos nosos maiores este será un bo ano de parrochiñas, porque cando hai golfiños hai parrochiñas, iso si, espero que nos deixen as suficientes para poder gozalas ao fume, lañadas ou simplemente fritas.


sábado, 17 de mayo de 2008

"Combater a ignorancia con poesía" fala-la fala nai

Fala-la fala nai pode parecer un trabalinguas pero trátase da realidade, xa que falar galego é un dereito que temos e porque a nosa lingua é potencia.
"Combater a ignorancia con poesía" pretende ser no día das letras galegas unha homenaxe á nosa fala e á nosa escrita, e que millor forma de facelo que con un poema de Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra):

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...



viernes, 9 de mayo de 2008

Breamo en branco e negro (fotos)

Xa pasou o Breamo de maio polo que xa queda menos pro río. Este foi un Breamo especial dado que foi o primeiro que cheguei a tempo de asistir a misa e procesión, polo que quixen recordalo como os Breamos de antes facendo unhas fotografías en branco e negro que quero compartir con todos poñendo así o meu gran de area para facer que esta festa chegue a ser coñecida en tódolos rincóns do mundo.
Espero vos gusten e as disfrutedes tanto como o fixen eu onte.



jueves, 8 de mayo de 2008

¡A Breamo vou lixeiriño caaaamiñando....!

Chegou o DÍA e o poño con maiusculas xa que é moi importante para Pontedeume, pois hoxe imos de Romaría a BREAMO.

Ainda que as prediccións feitas por meteogalicia fai uns días non acertasen, xa se nota na rúa que hoxe non é un xoves normal. Nótase un espíritu de festa e gañas de pasalo ben, polo que somentes queda esperar que chegue a hora e comezar a subida, unha subida na que ainda que se limparon os accesos debido a choiva haberá que ter un pouco de coidado, pero o mais importante é pasalo ben e lembrar que "En Breamo xoga limpo" eslogan empregado polo Concello de Pontedeume para concienciar a xente de que é posibel disfrutar da festa sen deixar tanto o camiño como o campo da festa cheo de lixo.