Xa temos nas rúas os carteis da Romaría de Breamo, polo que mirando o calendario vemos que xa queda pouco para o " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
Teño a intención de iniciar unha serie de capítulos nos que mostrarei moitas razóns para visitar Pontedeume e comarca. Para comezar esta singladura mostrareivos unhas imaxes do pinar de Cabanas e dalgunhas das marabillas que no mesmo podemos atopar, da súa praia e como se ve Pontedeume desde a outra beira. Espero que sexa do voso agrado.