jueves, 7 de junio de 2007

Catálogo de árbores senlleiras.

O pasado martes 17 de abril do presente ano ven de ser publicado no D.O.G.A. o Decreto 67/2007, de 22 de marzo, no que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, podendo presumir de ter na proposta dun principio que se fixo de catro árbores, penso que o último é de outro concello concretamente o de Miño, refírome o Piñeiro bravo de Leiro, e nun artigo publicado na Voz de Galicia do que vos adxuntarei o recorte do mesmo, veñen recollidos os tres que nos corresponden.
Veñen recollidos o Teixo - Tejo (Taxus baccata L) situado este xunto a casa dos Tenreiro, a casa que está o final do paseo marítimo de Pontedeume,ainda que na mesma hai duas árbores levando a fama a que está preparada; o Metrosidero Excelsa (Metrosideros excelsa Soland. ex Gaertn) situado este no xardin de Lombardero xunto o Torreón dos Andrade; e a Araucaria Excelsa (Araucaria heterophylla Salisb. Franco) situada esta última tamén na casa dos Tenreiro.
Existen tamén outras árbores que non veñen a ser mencionadas nin recollidas por o Catálogo como pode ser por exemplo o Teixo do asilo de ancians.
En posteriores entradas amosareivos fotografías dos mesmos, así como unha reseña e historia dos mesmos xa que baixo algún deles se celebraron Consellos de Ministros nos tempos de Azaña.