viernes, 1 de agosto de 2008

Fotografías da visita ao Mosteiro de Caaveiro (Fotografías de la visita al Monasterio de Caaveiro)

Calquera excusa é boa para visitar o Mosteiro de Caaveiro, un mosteiro que os Sacerdotes Regulares de Santo Agostiño levantaron no medio da impresionante paisaxe que constitúe o Parque Natural das Fragas do Eume.


Para chegar ao mosteiro subiremos por unha senda


na que a cada paso que damos e mentres dura a subida, descubrimos a maxestuosidade das Fragas do Eume, por exemplo acibros,


ou as maravillosas formas que preséntanos o musgo sobre as rochas.


Como premio a subida observamos o Mosteiro en todo o seu explendor nunha posición dominante.





Unha vez dentro do recinto podemos ver o Mosteiro e o Ábside da Igrexa de Santa Isabel,



así como o escudo heráldico que preside a entrada


e unha fiestra do Ábside.


Unha vez que estamos dentro da igrexa non podemos esquecer que nos atopamos nas Fragas do Eume, polo que admiramos a paisaxe a traverso do Rosetón.


Seguindo coa visita guiada, vemos outra perspectiva do Mosteiro.


Unha vez que saimos do Mosteiro é visita obrigada baixar ata as ruinas do antigo muiño,


nas que vemos o que queda do muiño,


a ponte que cruza o río


e a beleza da auga cando baixa entre as rochas.


Hai outras moitas fotografías que podería poñer, pero non o farei para que cando vaiades de visita, as descubrades e sorpréndavos.







sábado, 5 de julio de 2008

Abordaxe no Eume

Parece un titular moi duro e tráxico, pero a vista das imaxes entenderédelo.


Debido a cantidade de barcas que hai no fondo da ría de Pontedeume, o baixar a marea fixo que unha das que ainda non están "fondeadas" coincidise e quedase en posición dominante como dicindo "ao abordaxe".

domingo, 29 de junio de 2008

E o día seguinte descansou

Esta é a historia dunha pita eumesa que tódolos días agasalla aos seus donos cun ovo.


Van pasando os días e a nosa protagonista acude a súa cita diaria cos seus donos, ata que un día sorpréndeos cun ovo fora do común xa que o mesmo cáseque duplica o tamaño dos anteriores.


A expectación e inquedanza entre os seus donos subía ante a chegada do agasallo do día seguinte e as apostas de como sería o tamaño do ovo do día seguinte, polo que os dous xuntos cando o día abriu erguéronse para descobrer a sorpresa que lles tiña reservada a súa pita.
Cando chegaron o seu carón viron que había un ovo moito mais pequeno que os normais

polo que enténdense as verbas do seu dono cando dixo "é normal tal e como lle quedara o cu despois do ovo de onte" polo que enténdese perfectamente aquelo de que o dia seguinte descansou.




sábado, 14 de junio de 2008

Festa no río a base de "Costrada de Pontedeume"

O pasado domingo 8 de xuño celebrouse a festa de benvida da tempada estival do Bar Fubolín de tódolos anos.
A do ano pasado foi espectacular tal e como desde aquí xa dixemos, polo que se poñía o listón moi alto pra este ano.
Tal e como anunciou Xulio e Rosa propietarios do Fubolín, o prato estrela deste ano ía ser a "Costrada de Pontedeume", un prato exquisito e que vos recomendo que provedes se non o fixéstedes aínda. Neste caso tratábase dunha "Costrada de Carne", din que a mellor é a de vieiras con rodaballo, un prato típico de Pontedeume no que se funden unha multitude de sabores e texturas ao estar composto de varias capas separadas entre si, co que cando a comes sentes esa explosión de sabor que che fai gozar do que estas saboreando, sabor que se fai máis patente e intenso cando a gozas fría.


As "Costradas" fíxoas a confitería "Obradoiro de Pontedeume", unha confitería que a fai desde fai moito tempo seguindo a tradición familiar.
Pero tras estas fotografías houbo tamén outras moitas sorpresas e actividades que tentarei recoller nesta montaxe de fotografías para goce e disfrute de tódolos que tivemos a sorte de ir.



Tras todo isto dicir que se puxo o listón aínda máis alto pras próximas festas do Fubolín aínda que coñecendo a Xulio e a Rosa saberán como superarse ano tras ano.


jueves, 22 de mayo de 2008

Ano de parrochiñas da ría

Se facemos caso do que din os nosos maiores a tenor destas fotografías, este ano será un bo ano para as parrochiñas da ría.
Nas mesmas e sacadas desde a distancia, sei que poderían ser mellores, podemos ver a parte dos 7 golfiños ou arroaces que hoxe pola mañá apareceron na ría fronte á praia da magdalena.

Polo que facendo caso aos nosos maiores este será un bo ano de parrochiñas, porque cando hai golfiños hai parrochiñas, iso si, espero que nos deixen as suficientes para poder gozalas ao fume, lañadas ou simplemente fritas.


sábado, 17 de mayo de 2008

"Combater a ignorancia con poesía" fala-la fala nai

Fala-la fala nai pode parecer un trabalinguas pero trátase da realidade, xa que falar galego é un dereito que temos e porque a nosa lingua é potencia.
"Combater a ignorancia con poesía" pretende ser no día das letras galegas unha homenaxe á nosa fala e á nosa escrita, e que millor forma de facelo que con un poema de Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra):

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...



viernes, 9 de mayo de 2008

Breamo en branco e negro (fotos)

Xa pasou o Breamo de maio polo que xa queda menos pro río. Este foi un Breamo especial dado que foi o primeiro que cheguei a tempo de asistir a misa e procesión, polo que quixen recordalo como os Breamos de antes facendo unhas fotografías en branco e negro que quero compartir con todos poñendo así o meu gran de area para facer que esta festa chegue a ser coñecida en tódolos rincóns do mundo.
Espero vos gusten e as disfrutedes tanto como o fixen eu onte.



jueves, 8 de mayo de 2008

¡A Breamo vou lixeiriño caaaamiñando....!

Chegou o DÍA e o poño con maiusculas xa que é moi importante para Pontedeume, pois hoxe imos de Romaría a BREAMO.

Ainda que as prediccións feitas por meteogalicia fai uns días non acertasen, xa se nota na rúa que hoxe non é un xoves normal. Nótase un espíritu de festa e gañas de pasalo ben, polo que somentes queda esperar que chegue a hora e comezar a subida, unha subida na que ainda que se limparon os accesos debido a choiva haberá que ter un pouco de coidado, pero o mais importante é pasalo ben e lembrar que "En Breamo xoga limpo" eslogan empregado polo Concello de Pontedeume para concienciar a xente de que é posibel disfrutar da festa sen deixar tanto o camiño como o campo da festa cheo de lixo.



sábado, 19 de abril de 2008

O 8 de maio vamos de Romaría a Breamo

Xa temos nas rúas os carteis da Romaría de Breamo, polo que mirando o calendario vemos que xa queda pouco para o " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".


jueves, 10 de abril de 2008

Razóns para visitar Pontedeume

Teño a intención de iniciar unha serie de capítulos nos que mostrarei moitas razóns para visitar Pontedeume e comarca.
Para comezar esta singladura mostrareivos unhas imaxes do pinar de Cabanas e dalgunhas das marabillas que no mesmo podemos atopar, da súa praia e como se ve Pontedeume desde a outra beira. Espero que sexa do voso agrado.


miércoles, 12 de marzo de 2008

A mensaxe da arte



Sobran as palabras.

domingo, 9 de marzo de 2008

Europa tamén bailará o Chiki Chiki

Si é certo e non estou equivocado cando afirmo que Europa bailará o Chiki Chiki.
Na gala que se celebrou onte baixo o lema "Salvemos Eurovisión", outra cousa é que o acaden, mediante os votos de tódolos televidentes que quixeron participar, a canción elixida para representar a España foi o "Chiki Chiki" de Rodolfo Chikilicuatre.
Noraboa ao vencedor, e a todos aqueles que participaron na Campaña de apoio que se fixo en Pontedeume á súa candidatura, da que vos mostro imaxes.

E recorda si é que non o sabías, que


Y el chikichiki se baila así
Uno: el brikindans
Dos: el crusaíto
Tres: el maiquelyason
Cuatro: el robocop




sábado, 8 de marzo de 2008

Na xornada de reflexión: Vota ao Chiki Chiki

Nunca pensei que este post vise nunca a luz, pero ante a insistencia dalgúns colegas decidín dar un paso á fronte.
Fai algunhas semanas cando escoitei esta "canción" por primeira vez, pensei por un intre que se trataba dunha das moitas bromas de Buenafuente, pero co transcorrer dos días vin o poder de chamamento que ten devandito humorista, pois foi sacar a canción en pantalla pedindo o voto para a mesma e empezar a subir nas listas das cancións máis votadas para Eurovisión.
Tras todo isto e vendo que estamos no gran día no que se decide a canción que nos representará no festival, pensei por un intre ¿nunca quixeches ver o cutrefestival sen sentir vergoña allea?. Este é o momento, por iso Vota o Chiki Chiki, porque imaxina por un momento que gañase o cutrefestival.....

Non esquezas que:
Y el chikichiki se baila así
Uno: el brikindans
Dos: el crusaíto
Tres: el maiquelyason
Cuatro: el robocop


miércoles, 5 de marzo de 2008

Proba galega de que a terra é redonda

Que a terra é redonda sabémolo todos, pero en Galiza xa o sabemos desde fai tempo e ás probas remítome.

"Demostración galega de que a terra é redonda"


jueves, 28 de febrero de 2008

1ª Xornadas gastronómicas do Porco Celta no Eume

A Asociación Gastronómica do Eume "A esmorga" presenta ás Iª xornadas gastronómicas do "Porco Celta", que terá lugar ou vindeiro venres 29 de febreiro as 19:30h no Centro de Recepción de Visitantes dás Fragas do Eume, en Ombre.

Contaremos neste acto coa participación de Eugenio Prados, Director Técnico de Asoporcel (Asociación de criadores de Porco Celta) así como de Quino Pisonero, Veterinario de campo dá propia asociación e de Jose Luís Perez Gonzalez, xerente de "Porco Real" empresa elaboradora de produtos cárnicos de Porco Celta.

Non remate do acto-presentación pasaremos a facer unha cata-degustación, comentada, dous produtos de Porco Real.

Para mais información arriba tedes o cartaz do acto.



Cursos de Formación para persoas en paro

A Asociación de Vecinos "A Vila" de Pontedeume, no seu afán de dar a coñecer e que así poidan chegar a tódolos veciños de Pontedeume, faime chegar por medio do correo electrónico as ofertas de cursos para persoas que estean en paro. Estes cursos están promovidos por os sindicatos, debendo saír máis cursos en próximas datas. Póñovolos nun enlace para que podades descargar o arquivo no caso de que estedes interesados. Se algún curso fose do voso interese deberedes ir á oficina de emprego. Cada curso ten unha axuda econónica de 6 euros diarios para gastos de desprazamento.
Desde aquí grazas a Asociación de Veciños "A Vila" polo seu traballo e preocupación co resto de veciños.

Descargar cursos sindicatos de Fene


Descargar cursos sindicatos de Ferrol