29 de setembro, un día espléndido e gañas de pasalo ben, foron os ingredientes básicos pra que un ano mais a Romaría de Breamo fose un éxito ainda sendo luns.
Comezou o día coas misas e ca tradicional procesión ó redor da Capela de Breamo
portando a imaxe de San Miguel
o son das gaitas.
Despois cada quen disfrutou da festa da mellor forma posíbel a carón dos amigos ata que o corpo resistiu, sin esquecer as 9 voltas a capela, dando por despedido o verán a vez que xa se contan os días que faltan pra que chegue o 8 de maio e voltar a Breamo. Deixovos coas reportaxes que fixeron en directo os da TVG en Breamo pra deleite de todos aqueles que non os viron. O primeiro é a conexión que fixeron a primeira hora.
Neste vai a entrevista que lle fixeron a unha pandilla a hora da comida.
Chega o 29 de setembro, unha data agardada por tódolos eumeses para despedir o verán cunha Romaría no monte de Breamo. Unha data na que respírase ledicia e o ambiente festivo pálpase no ambiente. Lembra o lema que lanzan desde o concello "En Breamo xoga limpo", un eslógan que non fai mais que recordarnos que a diversión é posibel sin deixar todo cheo de lixo.
Unha vez dito o anterior so quédame convidarvos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
Que as Anduriñas son os páxaros mais queridos polos galegos, sábeo todo o mundo, que as Anduriñas emigran, sábeo todo o mundo, pero que as Anduriñas gústanlle As Peras e emigran despois de estar na festa, ¡sabémolo os Eumeses!, ¿agardarán ata a Romaría de San Miguel de Breamo?.
A pouco mais dunha semana para o comezo das Festas das Peras 2008, a Comisión de Festas pon a nosa disposición un blogue para que non perdamos ningunha das moitas actividades que nos teñen preparadas, así como tamén puxeron o noso dispor un código para que poñamos nos nosos blogues un banner que nos dirixa directamente o blogue das Festas das Peras 2008. Deixovos aquí o banner
un banner que como podedes comprobar xa puxen no lateral e que podedes facer o mesmo copiando o código do caixón. Aproveito a vez para darlle a noraboa a Comisión de Festas 2008 polo traballo que levaron e levan, un traballo que queda patente no blogue que fixeron para a nosa información.
Baixo o lema ¡Non nos mires, únete! discurría unha manifestación polas rúas de "Pontedenós" contra a industria química. Segundo a imaxe anterior pode parecer certo, pero en realidade trátase da rodaxe da serie "Os Atlánticos", uns exteriores que graban estes días en Pontedeume.
Calquera excusa é boa para visitar o Mosteiro de Caaveiro, un mosteiro que os Sacerdotes Regulares de Santo Agostiño levantaron no medio da impresionante paisaxe que constitúe o Parque Natural das Fragas do Eume.
Para chegar ao mosteiro subiremos por unha senda
na que a cada paso que damos e mentres dura a subida, descubrimos a maxestuosidade das Fragas do Eume, por exemplo acibros,
ou as maravillosas formas que preséntanos o musgo sobre as rochas.
Como premio a subida observamos o Mosteiro en todo o seu explendor nunha posición dominante.
Unha vez dentro do recinto podemos ver o Mosteiro e o Ábside da Igrexa de Santa Isabel,
así como o escudo heráldico que preside a entrada
e unha fiestra do Ábside.
Unha vez que estamos dentro da igrexa non podemos esquecer que nos atopamos nas Fragas do Eume, polo que admiramos a paisaxe a traverso do Rosetón.
Seguindo coa visita guiada, vemos outra perspectiva do Mosteiro.
Unha vez que saimos do Mosteiro é visita obrigada baixar ata as ruinas do antigo muiño,
nas que vemos o que queda do muiño,
a ponte que cruza o río
e a beleza da auga cando baixa entre as rochas.
Hai outras moitas fotografías que podería poñer, pero non o farei para que cando vaiades de visita, as descubrades e sorpréndavos.
Parece un titular moi duro e tráxico, pero a vista das imaxes entenderédelo.
Debido a cantidade de barcas que hai no fondo da ría de Pontedeume, o baixar a marea fixo que unha das que ainda non están "fondeadas" coincidise e quedase en posición dominante como dicindo "ao abordaxe".
Esta é a historia dunha pita eumesa que tódolos días agasalla aos seus donos cun ovo.
Van pasando os días e a nosa protagonista acude a súa cita diaria cos seus donos, ata que un día sorpréndeos cun ovo fora do común xa que o mesmo cáseque duplica o tamaño dos anteriores.
A expectación e inquedanza entre os seus donos subía ante a chegada do agasallo do día seguinte e as apostas de como sería o tamaño do ovo do día seguinte, polo que os dous xuntos cando o día abriu erguéronse para descobrer a sorpresa que lles tiña reservada a súa pita. Cando chegaron o seu carón viron que había un ovo moito mais pequeno que os normais
polo que enténdense as verbas do seu dono cando dixo "é normal tal e como lle quedara o cu despois do ovo de onte" polo que enténdese perfectamente aquelo de que o dia seguinte descansou.
O pasado domingo 8 de xuño celebrouse a festa de benvida da tempada estival do Bar Fubolín de tódolos anos. A do ano pasado foi espectacular tal e como desde aquí xa dixemos, polo que se poñía o listón moi alto pra este ano. Tal e como anunciou Xulio e Rosa propietarios do Fubolín, o prato estrela deste ano ía ser a "Costrada de Pontedeume", un prato exquisito e que vos recomendo que provedes se non o fixéstedes aínda. Neste caso tratábase dunha "Costrada de Carne", din que a mellor é a de vieiras con rodaballo, un prato típico de Pontedeume no que se funden unha multitude de sabores e texturas ao estar composto de varias capas separadas entre si, co que cando a comes sentes esa explosión de sabor que che fai gozar do que estas saboreando, sabor que se fai máis patente e intenso cando a gozas fría.
As "Costradas" fíxoas a confitería "Obradoiro de Pontedeume", unha confitería que a fai desde fai moito tempo seguindo a tradición familiar. Pero tras estas fotografías houbo tamén outras moitas sorpresas e actividades que tentarei recoller nesta montaxe de fotografías para goce e disfrute de tódolos que tivemos a sorte de ir.
Tras todo isto dicir que se puxo o listón aínda máis alto pras próximas festas do Fubolín aínda que coñecendo a Xulio e a Rosa saberán como superarse ano tras ano.
Se facemos caso do que din os nosos maiores a tenor destas fotografías, este ano será un bo ano para as parrochiñas da ría. Nas mesmas e sacadas desde a distancia, sei que poderían ser mellores, podemos ver a parte dos 7 golfiños ou arroaces que hoxe pola mañá apareceron na ría fronte á praia da magdalena.
Polo que facendo caso aos nosos maiores este será un bo ano de parrochiñas, porque cando hai golfiños hai parrochiñas, iso si, espero que nos deixen as suficientes para poder gozalas ao fume, lañadas ou simplemente fritas.
Fala-la fala nai pode parecer un trabalinguas pero trátase da realidade, xa que falar galego é un dereito que temos e porque a nosa lingua é potencia. "Combater a ignorancia con poesía" pretende ser no día das letras galegas unha homenaxe á nosa fala e á nosa escrita, e que millor forma de facelo que con un poema de Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra):
DEITADO FRENTE Ó MAR...
Lingua proletaria do meu pobo eu faloa porque si, porque me gusta porque me peta e quero e dame a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ó pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, fala-la fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios, non falo prós ruíns e poderosos, non falo prós finchados, non falo prós estupidos, non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; prós que súan e choran un pranto cotián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ó mar, ise camiño...
Xa pasou o Breamo de maio polo que xa queda menos pro río. Este foi un Breamo especial dado que foi o primeiro que cheguei a tempo de asistir a misa e procesión, polo que quixen recordalo como os Breamos de antes facendo unhas fotografías en branco e negro que quero compartir con todos poñendo así o meu gran de area para facer que esta festa chegue a ser coñecida en tódolos rincóns do mundo. Espero vos gusten e as disfrutedes tanto como o fixen eu onte.