jueves, 12 de julio de 2007

Estampas que facía tempo que non se vían en Pontedeume.



Facía moito tempo que estas estampas non se vían en Pontedeume reza o titular.
Partindo da idea de que me da igual o partido que esté no poder, xa que valoro o traballo que se faga por e para o mesmo, pódovos decir que estamos a notar un cambio no pobo pouco a pouco e que non está a pasar desapercibido. Esta nova corporación estase a dar conta que temos un pobo moi grande e que ten unha beleza e riqueza recoñecida que todos sabíamos menos os que estaban no goberno anterior, e por moi pouco que se faga sae a relucir.
Séguense a notar aparte dos cambios que mencionei na anterior entrada, o pintado das farolas, o coidado dos nosos xardíns, e tamén vos menciono o coidado que estan a levar no cemiterio, pois no mesmo cortaron uns cipreses secos e procederon a limpar de maleza as paredes do mesmo.
Dende este blog vos animo a seguir esperando que os operarios do concello non se den de baixa por exceso de traballo con respecto a anos anteriores.

lunes, 9 de julio de 2007

Escomenzan a verse cambios no pobo.

Despois dun tempo no que por motivos laborais tiven o blog un pouco parado, volvo con ánimos renovados e con a ledicia de podervos comunicar que se están a notar pequenos, pero o fin e o cabo cambios no Pobo.
Nunha época do ano en que o calor e o astro rei deberían estar o noso carón, póñome a pensar en que igual se contaxiou da deixadez con que se viña a desenrolar o noso Pobo, pero que nestas últimas semanas escoménzase a ver unha luz de esperanza no horizonte o igual que na fotografía, para o volver a Rexurdir de Pontedeume.


Parece que atrás queda a desidia na que viña a estar mergullado Pontedeume. Con respecto a deixadez do paseo marítimo, cortouse a herba do mesmo, estanse a lixar as farolas que quedaron, imaxino que para pintalas, escomenzouse a reparar a fonte do inicio do paseo, etc, pequenos cambios pero que demostran gañas de traballar, aunque tampouco é para loubar moito esto xa que para eso foron elexidos.
De seguido vos amoso unha serie de fotografías nas que se ve o antes e o despois para que vos mesmos saquedes as vosas propias conclusións.
Existía un antes:


E por sorte e sacadas no mesmo sitio un tempo despois:

lunes, 25 de junio de 2007

Por San Xoán a sardiña molla o pan.




Que razón ten o encabezamento, xa que as sardiñas estaban no seu punto.
Como tódolos anos con a chegada da noite do 23 de xuño, Noite de San Xoán, nos concentramos a veira de Xulio para degustar as xardiñas con que nos deleita.
Este ano como non podía ser menos e baixo o ritmo imposto por Saavedra, todo o mundo se animou a bailar algunha peza o remate das xardiñas, facendo tan bo tempo que ainda que cantou Xulio non foi quen de estraga-lo.
Despois achegámonos a praia de Cabañas para seguir con a troula, praia que estaba ateigada de xente e de lumeiradas cada cal mais grande que a anterior, e como nós non podíamos ser menos, fixemos unha que tivemos que esperar caseque apagase para poder salta-la e así poder decir os conxuros para botar os meigallos fora e darlle a benvida o verán.

viernes, 22 de junio de 2007

Noite máxica, noite de San Xoán

Noite máxica dende os tempos mais remotos e que coincide con a celebración do solsticio de verán, polo que será a noite mais curta do ano. Na nosa terra ten unhas características especiais. É a noite do lume, fogueiras, lumeiradas, cachelas ou caharelas, pero tamén da auga donde reviven as fontes santas e milagreiras, a das nove ondas xa que purifican e fecundan, do orballo e do mundo vexetal.

Como ben sabemos en Pontedeume, nesta noite as plantas acadan o seu maior explendor e as suas maiores propiedades curativas e máxicas. Por ese motivo aquí en Pontedeume tóda-las mozas as recollen para poñelas un caldeiro con auga, para deixalas dentro toda a noite baixo o orballo, aproveitando toda a familia o erguerse, en especial os nenos para lavarse a cara con esta auga milagreira.

Algunhas herbas varían segundo a zona, pero as mais comúns en Pontedeume son as seguintes

- As rosas, as cales teñen propiedades tónicas e astrixentes para a pel.

- Os fentos dos que se dice que nesta noite bota flores, flores que servirán para facer feitizos.

- Herba luisa, herbas que teñen propiedades dixestivas e aparte tamén se empregaban para moitos ritos e feitizos amorosos.

- Herba de San Xoán, empregada para purificá-la casa o queima-la dentro da mesma.

- Romeu, outra das plantas empregadas en purificá-la casa e protexer a mesma.

- Hai outras como a menta e a ruda, plantas moi empregadas aquí.

Nesta ocasión me fago eco dunha iniciativa que levaron a cabo o ano pasado a UCOA (Unión de comerciantes autónomos eumeses), que van repetir este ano repartindo ramilletes entre os sus clientes para que estes somentes teñan que poñer en auga e baixo o orballo da noite as herbas milagreiras, e así poder lavá-la cara con a auga das mesmas.





jueves, 21 de junio de 2007

Aserrín, aserrán xa esta aquí o verán.

Como dí a canción "aserrín, aserrán xa esta aquí o verán", pero somentes como dí a canción, non se vos ocurra mirar pola fiestra para tratar de comprobalo, polo menos en Pontedeume.
Con a chegada do verán ábrense infinitas posibilidades de festa esgotándose as excusas para evitar sair de troula.
Sin ir mais lonxe para este fin de semán, xurde a posibilidade de expresar a nosa devoción por San Xoan, e participar nas múltiples sardiñadas o carón das múltiples lumeiradas ou cacharelas de San Xoan.
No noso concello ainda se mantén a tradición de porfiar que é de facer a lumeirada mais grande, ainda que teñamos que sair da vila para comprobalo e trasladarnos as parroquias do noso concello, tradición que na vila se perdeu imaxino que por cuestións de seguridade, pero quen non lembra as lumeiradas da "Estación", as da "Praza da Calzada" , imaxino que tamén habería algunha por a zona de "Ricardo Sánchez" descoñecendo este dato, pero destacando sobor de todas a de "Boavista" xa que era a mais grande de todas.
Para todos aqueles que fagan unha lumeirada ou cacharela, lémbrolles as verbas que deben decir o salvar as mesmas, xa que serven para purificar e botar os meigallos fora aparte de casar as mulleres que as salten sin tocar o lume veces impares. As verbas que coñezo son: "salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can" ou esta outra "Deus te dou, Deus te criou, Deus che saque este meigallo se alguén cho botou. Antes que o mal sexa visto, naceu Cristo, morra este mal e viva Cristo", e por último cando se achega a hora de bota-la borralla e as cinzas de cara o río e acaben no mar non esquezan decir: "Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de tí. Deus te leve ó mar onde non cantou a galiña nin o galo, pois o que cantou levouno o diaño"
Por último e para que estedes informados das moitísimas festas e caralladas que se celebrarán tanto no noso concello como en toda Galicia, poño o alcance da vosa man este buscador de festas para que non perdades ningunha, así como non podo evitar recomendarvos o enlace que tedes nesta páxina dun blog "Pontedeume en Festas" que trata de recopilar tamén as festas que surden argalladas a nivel local e non están recollidas por o buscador.

lunes, 18 de junio de 2007

Cando en Pontedeume se xuntan uns amigos.



Tódolos anos argallado por Xulio e Rosa donos do "Bar Fubolín" de Pontedeume para dar escomenzo a tempada de verán, celébrase unha comida nas Fragas do Eume, baixo a atenta e maxestuosa mirada do río Eume.
Este ano no ía ser menos, e ainda que o tempo ameazase choiva, animámonos un grupo de apróximadamente oitenta persoas.
Foi un día no que houbo de todo, dende música, maxia para os mais cativos, e sobor de todo comida e bebida a esgalla.
Nas fotografías anteriores, podedes ver un momento no que se estaba a afinar unha zanfoña feita feita por él artesanalmente, a presenza duns xamóns que tiveron a delicadeza de acompañarnos no evento e a sobremesa onde nos animamos a entoar unhas cantigas.
Amósovos tamén tres enlaces donde poderedes visionar tres vídeos; o primeiro titúlase "Afiando a Zanfoña", o segundo "Entoando antes da comida" e o terceiro a "Sobremesa nas Fragas do Eume".

miércoles, 13 de junio de 2007

Abelardo Miguel y María Fidalgo.


Na entrada anterior me fixen eco do chamamento de María Fidalgo para tratar de levar a cabo un estudio e catalogamento da obra de Abelardo Miguel.
Posto en contacto con a mesma e tras recibir un correo no que me amosa o cariño e ilusión que está a desempeñar na sua laboura, me obriga non so a tratar de axudala en todo o que sexa posible, senon que xa vos podo comentar que teño localizados varios cuadros, sobretodo retratos de mariñeiros, que lle farei chegar xunto con os comentarios e historias dos mesmos.
Achégovos un extracto do comentario que me mandou do cadro que teñen os meus sogros, no que amosa os seus coñecementos e espero vos anime a axudala.

"A paisaxe é un xénero que o traballou pouco como xénero individual, en cambio moito como complemento das suas obras de figuración e bodegón, por o que o cadro aparte da sua espectacular beleza ten o valor engadido da sua singularidade". María Fidalgo.

Graciñas por o teu comentario e tamén por a fotografía do cadro con que me agasallaches, a cal vos amoso.

domingo, 10 de junio de 2007

Abelardo Miguel.



Fágome eco dun chamamento feito nunha páxina dun amigo, Pontedeume na rede, na que unha muller se interesaba por a obra e traballo de Abelardo Miguel.
Dende este blog prégolles a tódolos visitantes do mesmo que si teñen algunha nova que aportar mas fagan chegar que me comprometo a mandarllas a María Fidalgo, persoa que tenta recopilar a sua obra e facer pública a mesma, poñendo a vosa disposición os artigos que a mesma publicou no Diario de Ferrol, na Opinión de Coruña e unhas enquisas persoais da mesma.
Dende este blog teño o orgullo de amosarvos a fotografía do cadro de Abelardo Miguel que preside o salón da casa dos meus sogros, cadro que Abelardo Miguel lles agasallou con motivo do seu casamento fai 37 anos, e no que nos amosa a vista que dende "Zopazos" se pode observar da ría, paisaxe que os Eumeses coñecemos ben.

viernes, 8 de junio de 2007

Buscando quen me visita.

Nunha tarde de choiva como a de hoxe, me propoño ver tanto a xente que me visita como a canle que seguen para chegar a esta páxina, por o que atopo páxinas de amigos como poden ser Pontedeume na rede ou a de Pontedeume-fala, páxinas nas que tedes unha ligazón para chegar a miña, pero o que me verdadeiramente me sorprendeu foi o descubrir que hai unha dirección onde podedes atopar blogs en galego, nas que me atopo.
Espero visitedes tanto as páxinas destes amigos como a que aglutina todolos blogs en galego, hai mais de 3.000, por o que vos aseguro entretemento por unhos intres.

jueves, 7 de junio de 2007

Catálogo de árbores senlleiras.

O pasado martes 17 de abril do presente ano ven de ser publicado no D.O.G.A. o Decreto 67/2007, de 22 de marzo, no que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, podendo presumir de ter na proposta dun principio que se fixo de catro árbores, penso que o último é de outro concello concretamente o de Miño, refírome o Piñeiro bravo de Leiro, e nun artigo publicado na Voz de Galicia do que vos adxuntarei o recorte do mesmo, veñen recollidos os tres que nos corresponden.
Veñen recollidos o Teixo - Tejo (Taxus baccata L) situado este xunto a casa dos Tenreiro, a casa que está o final do paseo marítimo de Pontedeume,ainda que na mesma hai duas árbores levando a fama a que está preparada; o Metrosidero Excelsa (Metrosideros excelsa Soland. ex Gaertn) situado este no xardin de Lombardero xunto o Torreón dos Andrade; e a Araucaria Excelsa (Araucaria heterophylla Salisb. Franco) situada esta última tamén na casa dos Tenreiro.
Existen tamén outras árbores que non veñen a ser mencionadas nin recollidas por o Catálogo como pode ser por exemplo o Teixo do asilo de ancians.
En posteriores entradas amosareivos fotografías dos mesmos, así como unha reseña e historia dos mesmos xa que baixo algún deles se celebraron Consellos de Ministros nos tempos de Azaña.

miércoles, 30 de mayo de 2007

Como nenos no patio do colexio.

Sígome a manifestar que non tentarei decantarme neste blog sobor da miña ideoloxía, pero non penso estar calado fronte as manifestacións de persoas deste pobo na prensa, manifestacións que temos que coidar xa que está a imaxe do noso pobo en xogo, porque señores, os xornais non só se reparten na vila, senon que se reparten por todo o territorio español amén das edicións dixitais que se espallan por tódolos rincons do planeta.
Refírome as verbas que recolleu no día de onte "La Voz de Galicia" nas páxinas locais, do responsable do B.N.G. de Pontedeume e que tiveron pronta réplica no día de hoxe por o responsable dos Independentes de Pontedeume.
Non me quero manifestar sobor das mesmas xa que pulsando nos enlaces poderedes sacar as vosas propias conclusións, pero o que si quero decir é que deixémonos de disputas de nenos no patio dun colexio, os trapos sucios se lavan na casa e non de cara a galería, e adiquémonos a endereitar o rumbo de Pontedeume que tanto se precisa, dende o goberno como dende a oposición.

lunes, 28 de mayo de 2007

28 de maio, ¿un día mais ou o rexurdimento?


Ultimos coletazos do 27 de Maio e amósanos a decisión do Pobo, que non é outra que prefire un cambio no goberno, sexa para ben ou para mal o tempo dará ou quitará razóns, pero sin querer entrar a valorar a cor de donde se mire, o pobo decidiu.
Deixando os triunfalismos, xa que hai que traballar moito, os agora gobernantes deben saber que foron elexidos por e para o pobo, e me ven a mente unha imaxe que quixen inmortalizar onte a tarde, mais ou menos sobor da hora do reconto dos votos, na que se pode ver un Pontedeume na penumbra e unhas raiolas de sol que tímidamente pelexan con as nubes, por o que dende este blog vos pido que xunto o voso esforzo, fagades que as mesmas iluminen o Pobo e o Rexurdir de Pontedeume escomence a ser unha realidade.

domingo, 27 de mayo de 2007

27 de Maio, ¿un día mais?

27 de Maio día no que estamos chamados a exercer o noso dereito a votar, é día no que se volverán a repetir conductas que me irritan especialmente: a pouca costume que temos de usar as cabinas, con a conseguinte degradación do segredo do voto, e a onerosa e mal retribuida carga que se lle impón a tódolos menbros das mesas. Especialmente por ser hoxe o día de acudir a votar, e para que ninguén me acuse inxustamente, dende aquí invito a tódolos cidadáns a exercitálo seu dereito para así poder nomear a quen queremos poñer a fronte do noso concello os vindeiros catro anos, incluso no caso, nos que nos atopamos moitos, de ter que abrazar unha opción sin un exceso de fervor. Absteñerse é deixar que decidan outros, e sempre haberá alguén que te fastidiará mais que aquela persoa que non che acaba de convencer. Penso que tódolos candidatos, gañen ou perdan, deberían meditar sobor da menguante seducción que o seu colectivo exerce sobor de todos nós. Creo que se debería inxeniar outra forma de pedir o voto, pero o mais importante, outra forma de usalo.

viernes, 25 de mayo de 2007

Por fin remata.



Está a piques de rematar a campaña electoral, tempo, nos que tivemos a oportunidade de ver como desenrolaban o seu traballo tódolos partidos, e nos facían mais ameno o transcurrir dos días o son das suas verbas e himnos das suas cores. Todos poidemos ver tamén os carteis que adornan a nosa vila, que se reproduxeron por tódolos rincóns do noso concello, esperando que se marchiten e desaparezan o remate das eleccións con a mesma rapidez con a que afloraron e non aparezan ata as vindeiras, por o que dou parabens por anticipado. Pero amplio os parabens porque se respetase o concello, me explico, porque fixen unha viaxe estes días e non saía do meu asombro o comprobar que neses lugares as flores tardarán en marchitarse e somentes o poderán facer con o tempo, moito tempo, xa que os carteis se pegaron a paredes, contedores de lixo, e mais lugares nos que perdurarán ata que o paso do tempo os faga desaparecer, amósovos unhas imaxes que dan conta do que estou a falar.
Por outro intre, fágome eco dun artigo publicado nun blog amigo do que dispoñedes unha ligazon dende aquí, no que enumera as multiples opcións extras de festa no pobo que xurden para o día de hoxe.

viernes, 18 de mayo de 2007

Ainda nos quedan os careixons.



De paseo polas ruas e camiños de Pontedeume, aparte de disfrutar do seu entorno e beleza sin igual, aproveito para invitar a todas aquela persoas que esten a leer este artigo o comproben, se pode disfrutar nesta época do ano dos "careixons", un froito moi parecido os amorodos, mais pequeniño pero tamén mais doce.
Para ilustrar estas verbas amosovos unhas fotografías nas que podedes apreciar a beleza porque de sabor xa vos adianto que estaban moi bos.
Decirvos tamén que despois de collelos procedín a sua pesaxe nunha báscula dixital, arroxando un total de 683 gramos, eso si collendo somentes os maduros, por o que espero entendades non diga onde os atopei e así poder coller o resto.

Casualidade ou ¿xa lle tocaba?

Hoxe antes de sair da casa me chama a atención os ruidos dunha máquina de cortar o céspede, e o meu pensamento se vai a pensar no veciño, pero o me asombro non ten límites, igual que o faríades vos o descubrir que non se trataba do veciño, senón que eran os operarios do concello que están a cortala herba dos xardins.
Por un intre me poño a pensar que sería casualidade que nun artigo anterior nos referimos a mesma ou que xa lle tocaba, e decir, que por a sua lonxitude xa non se podían observar as bancadas nas que por certo eu non me sentaría, pero que impedían a sua visión. O resultado foi que xa temos os cañotos cortados, si digo cañotos e non herba, porque de tanto crecer agora o cortala, quedan uns cañotos nos que nin me atrevo a pisar calzado, ¿será unha estratexia do concello para preserválos xardíns?. É igual se foi casulidade ou non, o caso e que xa podemos ver as bancadas. Graciñas.

domingo, 13 de mayo de 2007

A sorte dos nenos deste pobo.

Nestas xornadas que estamos a vivir dende o meu punto de vista atípicas, xa que son datas nas que se aproveitan para facer inauguracións dos traballos realizados de cara a galería, no noso pobo seguimos a ter os mesmos problemas de sempre, as lousas da praza do mercado, chamada por todos nos "praza da viagra", e me pregunto se non será por culpa das arañas que veñen do Brasil , os problemas de tráfico, aparcamento e outros mais que todos sabemos.
Pero de todo esto quen saca mais proveito son os nosos nenos, xa que poden xogar o escondite nos parques con toda a facilidade que o concello se presta, porque con o esmerado coidado con que os manteñen, a herba e o que non o é, xa alcanza alturas que permiten que se camuflen sen seren vistos.

viernes, 11 de mayo de 2007

Arrancou a carreira por o Concello.

Onte as 00'00 horas escomenzou a carreira para subirse a poltrona do noso concello, por o que xa podemos ver as nosas ruas engaioladas con a publicidade dos distintos partidos que participan na mesma.
Dende este blog se anima a tódolos participantes a realizar unha carreira limpa, e que realicen o seu traballo o mellor posible, facendo chegar a tódolos votantes as suas ideas e proxectos, e entre todos saquemos o noso pobo do ostracismo en que se ve inmerso e lles prego traballen sin descanso, para que a partires do vindeiro 27 de maio O Rexurdir de Pontedeume sexa un feito e non unha utopía.

martes, 8 de mayo de 2007

Ainda estamos a tempo.

O erguerme e deambular polas rúas do pobo, se nota que é unha mañá especial, é 8 de maio a subida a Breamo, pero ainda que sexa festivo local se pode conceder un pouco de tempo a ollar a prensa e reparo nun artigo dunha persoa do val de Monterrei que persoalmente coñezo, que durante unhos intres me fai reflexionar, e me paro a pensar que deberíamos ensinarlles os nosos políticos o mesmo para despois poderlles preguntar a conclusión que sacan do mesmo. Dende este blog prego que se de traslado o mesmo a tódolos dirixentes políticos do noso pobo, para que O Rexurdir de Pontedeume non sexa unha utopía.
http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5784706

domingo, 6 de mayo de 2007

Aprendamos dos nosos nenos.

Onte me convenceron se e que ainda non o estaba, que temos que aprender moito dos nosos nenos.
No día de onte se celebraron os maios en Pontedeume, si non me equivoco era 5 de maio e non o día 1. Os nenos sairon e encheron de ledicia as ruas e a alameda de Raxoi, e persoalmente o ver esas caras cheas de ilusión e afán por levar o premio, fixeronme esquecer por un intre que onte non era o primeiro de Maio.
A xente que onte nos visitou era moita como en tódolos días de feirón, e o seu sentir era de ledicia e ilusión o ver os nosos nenos, pero tamén os embargaba a dúbida de que porqué se celebraban no día de onte, e ante as súas preguntas unha das respostas que mais me gustou dun veciño do pobo, foi a que lle dixo que neste pobo con o afán de recibir o visitante e para alegrarlle a sua estadía no día de onte, se volveron a celebrar os Maios.