lunes, 9 de julio de 2007

Escomenzan a verse cambios no pobo.

Despois dun tempo no que por motivos laborais tiven o blog un pouco parado, volvo con ánimos renovados e con a ledicia de podervos comunicar que se están a notar pequenos, pero o fin e o cabo cambios no Pobo.
Nunha época do ano en que o calor e o astro rei deberían estar o noso carón, póñome a pensar en que igual se contaxiou da deixadez con que se viña a desenrolar o noso Pobo, pero que nestas últimas semanas escoménzase a ver unha luz de esperanza no horizonte o igual que na fotografía, para o volver a Rexurdir de Pontedeume.


Parece que atrás queda a desidia na que viña a estar mergullado Pontedeume. Con respecto a deixadez do paseo marítimo, cortouse a herba do mesmo, estanse a lixar as farolas que quedaron, imaxino que para pintalas, escomenzouse a reparar a fonte do inicio do paseo, etc, pequenos cambios pero que demostran gañas de traballar, aunque tampouco é para loubar moito esto xa que para eso foron elexidos.
De seguido vos amoso unha serie de fotografías nas que se ve o antes e o despois para que vos mesmos saquedes as vosas propias conclusións.
Existía un antes:


E por sorte e sacadas no mesmo sitio un tempo despois:

5 comentarios:

Anxo dijo...

Nin que decir tén que despois do abandono total ó que estivemos sometidos dende que remataron as eleccións ata a nova toma de posesión (si se pode decir que antes non tiñamos este abandono,claro)esta é unha boa nova.A pesares dos atrancos e zancadillas que deixaron coma adxudicación de vacacións a todo o persoal en datas onde máis xente hai na vila,desaparición ou"arranxo" da maior parte do material de xardinaría, i outras delicadezas.........(Comentase na rúa), a pouco que se faga,ténse que notar.Pero espero tamén que esta xente nova non se durma.E con todas estas limitacións herdadas que o que queda de ano o vaian levando o millor posible e cós novos orzamentos(presupuestos) a partires do ano que ven ,xa que supoño que os deste ano van aló ou son minimos debido á mala leite dalgunhos que vendolle as orellas ao lobo fixerón........................

En fin un saudo.

Nolo dijo...

totalmente de acordo con que parece que algo se están movendo os novos ocupantes do concello.Esperemos que co tempo fagan cousas máis importantes e non se durman.

Eumés dijo...

Totalmente de acordo con ámbolos dous. Témos que concederlles un tempo, ainda que é ben certo que por moi pouco que fagan se note, pero son da opinión que prefiro que falen ainda que sexa mal xa que si non se falase mal estaríamos.

Richi dijo...

Polo de agora, sí, vénse algúns progresos. Non se lles pode reprochar nada.

Creo que en tan pouco tempo índa non se pode valorar na súa xusta medida ó goberno actual. Esperemos que segan a crecer polo noso pobo (ideoloxías aparte) e para o ano, por estas datas, vexamos de novo o pobo que tod@s queremos.

P.D.: a ver se o goberno saínte toma nota do moito que fixeron en tan pouco tempo e se esforza nas vindeiras lexislaturas...

Evaristo dijo...

Cando un está no fondo do pozo só cabe mellorar. As posiblidades de Pontedeume son, case seguro, infinitas. Se damos cuns gobernantes que se preocupen pola vila, pola calidade de vida, polo urbanismo, pola limpeza, por conservar o casco, pola sustentabilidade, ... NON hai quen nos faga sombra. Ánimo e parabéns polo blogue