viernes, 21 de septiembre de 2007

Xa falta menos para "San Miguel".

Xa falta menos para que chegue o 29 de setembro, día no que se celebra o San Miguel.

Cando esa data chega, tódolos eumeses e persoas que coñecen as costumes eumesas, se preparan para celebrar e disfrutar da Romaría de Breamo.
Amósovos o cartel obra de "Chimporta" e que nos está a recordar o evento. Para os mais impacientes e queren saber canto tempo falta, tedes na marxe dereita do blog un contador que vos indica o tempo que teremos que agardar para subir.
Ah se me esquecía, podedes mirar si estades no cartel, xa que o mesmo está feito con fotos modernas e antigas de xente que sube a breamo.

martes, 18 de septiembre de 2007

Voltamos de larpeiros.

De novo nos volvemos a xuntar uns amigos e dende Pontedeume saimos con a intención de facer mais agradable o domingo.
A primeira parada era Melide para alí poder tomar os viños de rigor e facer hora ata a comida.
Cando se aproximaron as tres da tarde saimos cara o "Muiño das Canizas", un lugar que vos recomendo tanto para comer como para pasar un día en contacto con a natureza.
Despois de comer e de tomar a nosa primeira "chispanza" de rigor na terraza do muiño, demos un paseo rio arriba con a intención de si éramos quen de ver unha troita de pé, non houbo sorte, pero ainda así poidemos disfrutar do entorno.
O acabar o paseo saimos dirección o Castelo de Pambre e o Balneario Rio Pambre, para unha vez chegados alí poder disfrutar con a nosa segunda "chispanza" sentadiños na terraza e respirando a tranquilidade do entorno.
Cando acabamos saimos dirección a Pontedeume con a intención de ver o partido de baloncesto, que non tivo o final que todos desexávamos, pero que se lle vai a facer outra vez será, eso si Grazas dende aquí a parella de amigos que se xuntaron por primeira vez o grupo e nos permitiron disfrutar mais da excursión, xa que naceron na zona visitada.



miércoles, 12 de septiembre de 2007

Volta á realidade cotiá.

Remataron as Festas das Peras 2007, dende este blog noraboa os da comixión por os éxitos acadados, e voltamos á realidade cotiá.

Nestes días poidemos disfrutar dos Mómaros e Cabezudos,da cucaña,do concurso de froitas,de moitas mais actividades que tivemos nestes días e de toda a algarabía que había nas rúaspero a partires de agora basta con dar un paseo para darse conta de que todo pasou e voltamos o cotiá, pois xa non están ateigadas de xentepero como Eumeses que somos, e copiando o que dín en Pamplona "Eumeses, non vos preocupedes que xa queda un día menos para honrar a San Miguel e poder subir a Breamo".



lunes, 10 de septiembre de 2007

Concurso de froitas e descenso do Eume das Peras 2007.

Chegou o día do concurso de froitas e de ver quen gañaba o 41º descenso do Eume en piragua.
De mañanciña xa nos poidemos deleitar con o concurso de froitas, das que moitas xa eran comidas somentes con a vista pois lucían fermosas , apetitosas e orgullosas de poder exhibirse diante de tanta xente. Contanme que destacaban entre todas as froitas uns limóns que tiñan o tamaño de melóns, e que moitan xente pensaba que se trataba de marmelos xigantes. Deixovos unhas fotos para deleite e recordo.

E xa por a tarde o 41º descenso en piragua nos fixo apostarnos as marxes do Eume, e así poder ver o esforzo que estaban a facer todos os piraguistas. Deixovos unha foto do palco con todos os trofeos que se iban a premiar os mais destacados.

domingo, 9 de septiembre de 2007

A cucaña das Peras 2007.

Estamos de cheo nas Festas de Pontedeume, As Peras 2007.
Hoxe o artigo versará sobor de un dos momentos que mais me gustan tanto a mín como a tódolos visitantes que veñen a Vila, a Cucaña Marítima.
Xa sabedes do que estou a falar, pero para aquelas persoas que descoñezan o que é, decirlles que se trata de poñer nun barco un pao inclinado untado con sebo e na punta do mesmo unha bandeira. Unha vez colocado todo esto e por riguroso orde hai que tratar de coller a bandeira, levando suculentos premios as tres primeiras persoas que o conseguen.Por toda a Vila xa sabemos cando as collen, a fotografía anterior corresponde o momento en que Xavier non me lembro do seu apelido colle a segunda bandeira, pois cada vez que se colle unha bandeira soan bombas de palenque, na primeira unha bomba, nas segunda duas e tres na terceira, que dan paso de seguido a un dos momentos preferidos dos rapaces, a Queima do Galán, un boneco que ten no seu interior material pirotécnico e que rema ata estoupar.



viernes, 7 de septiembre de 2007

Dende Pontedeume para o mundo, ¡As Peras 2007!.

Deron as doce do medio día e puntuais a sua cita acudiron os Mómaros e os Cabezudos. A praza e rúas colindantes ateigadas de xente foron testemuñas de como os chupinazos deron inicio as festas con a presenza do Alcalde e algúns concelleiros,de seguido puidemos ver o primeiro bico entre os mómaros
para despois dar paso o pasarrúas por todo o pobo e así dar por comezadas as Festas das Peras 2007 de Pontedeume.

¡Que pasedes boas Festas!.

martes, 4 de septiembre de 2007

Novo "Botellón" pero variamos o menú.


Un fin de semana mais nos xuntamos un grupo de eumes@s con gañas de pasalo ben, por o que tras reunirnos nunha finca con vistas a ría, escomenzou a festa.
Nada mais chegar e unha vez repartidos as labouras de cada un, empezamos por abrir o "botellón" esta vez era de cervexa e a cortar a empanada para que así baixase mellor.
Toda vez que a cervexa tocaba o seu fin, decidimos que era a turno de ir catando as diferentes D.O. que alí se deron cita, pois había dende maceracións carbónicas ata grandes reservas da rioxa.
A todo esto xa estaban ben avanzadas as viandas que nesta vez había pouca cousa, sin olvidarnos da empanada, había navallas, bacallau o forno e o pil-pil, chourizos criollos e os normais, touciño entrefrebado de porco, xeados, froita, queimada, e a sorpresa final que nos ofreceu a nosa mellor reposteira, empanada de mazá, ¡que rica!, amósovos a sua foto.Unha vez que demos conta de todo esto e botando en falla as parellas que faltaban, os "mañicos" e os "catalás do órdago", escomenzamos a xogar as cartas baixo os efluvios das chispanzas, e da auga de Valencia, pasando o remate a botar unhas partidas de "brilé", no que o resultado era o de menos. Espero que non salte moito a vista, pois ¿nótase que perdemos?.


lunes, 20 de agosto de 2007

Eumeses de roteiro por Melide.

Volvémonos a xuntar 24 persoas e decidimos facer unha ruta por Melide.
A intención aparte de poder gozar das súas marabillosas festas, gastronomía con chispanzas incluidas e o carácter afable dos seus habitantes, quedei marabillado co Museo Terra de Melide, un museo que por todo o que alí ten e non por ser a entrada de balde vos decepcionará.
Agradecer a atención prestada polo seu guía Pedro, o cal nos ensinou todas as reviravoltas do mesmo á vez que nos informaba con detalle de todo o que alí había.
Para empezar dicir que na súa planta baixa había unha exposición de cadros das que vos deixo unha pequena mostra en forma de imaxes, nas demais plantas ata un total de tres, unha completa exposición de todo o relacionado cas labouras cotiáns da Vila, sendo todo o que no mesmo se atopa doazóns dos habitantes de Melide.


sábado, 18 de agosto de 2007

Xa falta menos para o 4º Antroido de Verán.


Rematou o 3º Antroido de Verán e xa estamos a espera do vindeiro.
Deixando aparte que si os disfraces eran mellores ou non, xa que moitos eran difíciles de levar debido a calor que fixo, pero o que non podo deixar pasar por alto foi o que si se acadou, que non foi outra cousa que se notase no ambiente que había gañas de pasalo ben por parte de toda a xente que na rúa se atopaba, como nas grandes ocasións "Breamo, O Río", o que desembocou en festa rachada.
Nesta ocasión non vos poderei amosar moitas fotografías xa que o meu disfraz non tiña petos onde poder levar a cámara con seguridade, por o que a calidade das imaxes o seren de movil deixan un pouco que desexar, pero non podía deixar pasar a ocasión de inmortalizar a festa así como dende aquí darlle a noraboa a Juancho como organizador do mesmo, ahí vai a tua foto.


martes, 14 de agosto de 2007

Eumeses no Cebreiro e o Courel.


Un grupo de amigos argallamos unha excursión a o Cebreiro e o Courel, por o que chegado o día puxemos rumbo e tras hora e media dende Pontedeume chegamos a o Cebreiro a cal sería a nosa primeira parada.
Nos recibiu cuberto de néboa pero pese a mesma, non era quen de ocultar baixo o seu espeso manto a sua beleza que poidemos admirar tanto nós como os centos de peregrinos que alí se atopaban. Mentres estábamos a degustar unha boa cunca de "caldo galego" e un pouco de "queixo do cebreiro", recibimos unha chamada de dous amigos que viñan de Salamanca e que se xuntarían a grupo, benvidos, xa somos 21.
Unha vez que nos xuntamos puxemos rumbo a o Courel con a intención de tomar algo antes de dar conta do "cabrito ao espeto" e de embutidos da zoa e sobretodo unha empanada que me sorprendeu moito, xa que un dos seus ingredentes eran nabizas, ah dos postres prefiro non falar, uhmmm.
Despois de dar conta de todo, fixemos un roteiro no que poidemos disfrutar das fotografías anteriores e levar unha sopresa, pois xa facía tempo que non vía ese nome para ¿sabedes que é o que está a sinalar?, seguro que si.



lunes, 6 de agosto de 2007

Xa que o botellón está de moda en Pontedeume, nós tamén o facemos.


Nós non queríamos ser menos e nos apuntamos a moda de Pontedeume, o "Botellón".
A excusa a perfecta, un grupo de amigos que con gañas de pasalo ben se xuntan e argallan unha troula, na que non podían faltar a comida, bebida e o mellor a boa compaña con gañas de pasalo ben.
Escomenzamos por preparar o lume e a comida para os milleiros de persoas que alí estábamos concentrados, empezando por preparar unhas boas anchoas con queixo de Melide con a compaña de un bonito o marmitako, de seguido fixo acto de presenza a empanada a vez que o viño escomenzaba e escorregarse por as nosas gorxas.
Seguimos con as sardiñas lañadas ou tamén chamadas aquí en Pontedeume "bistés da marola" das que vos amoso fotos, para seguir con cigalas, navallas e polbo de Fisterra, concretamente do Sardiñeiro, pementos asados, coello a pementa, plumas e costela de porco ibérico e de postre bola de nata e queixada pasiega sin querer entrar en cafés e licores diversos, por o que o final da partida de rigor houbo partido de fútbol entre menores de 40 anos e maiores, que por certo ¡que paliza levaron!, ¿ou non?, bueno é igual, pois a mín ainda me doen as pernas.

martes, 31 de julio de 2007

D.O. Monterrei moito por descubrir, anímate.


Non é que queira descubrir agora a D.O. de Monterrei, somentes vos quero amosar e abrir os ollos a aquelas persoas que descoñezan ou non tivesen a oportunidade de probar os caldos que alí se están a elaborar.
A D.O. Monterrei nace das vides que se atopan baixo a atenta mirada do Castelo de Monterrei, nas suas propias ladeiras e no propio val do río Támega e afluentes, ocupando unha extensión apróximada de 3.000 hectáreas. O seu chan é profundo e fértil, de terras pardas, materiais silíceos e con unha acidez media-alta. O seu clima se pode decir que ten rasgos mediterráneos, de veráns moi cálidos e con unha pluviosidade de 683 mm/ano.
Esta D.O. de recente creación, pois data do ano 1.996, cultiva nas suas viñas para o blanco as variedades autóctonas Dona Branca (Valenciana ou Moza Fresca), Godello (Verdello) e Treixadura (Verdello Louro), obtendo uns viños brancos frescos, afrutados e moi agradables, con un excelente equilibrio entre graduación e acidez, e para os seus caldos tintos empregan Mencía e Tempranillo (Arauxa) con o que están a conseguir uns viños frutais e moi expresivos.
Como mostra de todo esto que estou a contar amósovos un artigo que saiu pubricado na Voz de Galicia sobor do éxito colleitado por a D.O. de Monterrei no que despois de unha cata de caldos galegos deu como gañadores a dous viños de esta D.O., así como un enlace donde poderedes comprobar o eco que de esta nova tivo na Consellería de medio Rural desta cata celebrada en Allariz.

domingo, 29 de julio de 2007

Disfrutar da gastronomía galega.


Cando de disfrutar se trata aquí sabemos como facelo, pois somos quen de conxugar a imaxinación, a tecnoloxía e a gastronomía Galega.
Facer un "Cabrito o espeto" todos sabemos que é moi laborioso e que vai levar moito tempo facelo, pero hai é donde entra a nosa imaxinación, pois conxugar tecnoloxía para facer moito mais levadeiro o proceso de asado con a tranquilidade de poder charlar o carón dunha cunca de viño D.O. Monterrei sin perder o sabor tradicional do asado, fomos quen de o lograr o outro día.
Podedes imaxinar o resultado, unha pel tostadiña e crujiente o vez que a carne estaba tenra e zumenta.
Estou a procura de buscar unha aplicación para tratar de facervos chegar polo menos o cheiro xa que como podedes imaxinar non sobrou nada, pero si o que queredes é probar un, deixovos aquí o enlace de unha festa prevista para o vindeiro día 11 de agosto cerca de Pontedeume, no que o "Cabrito o espeto" será convidado de honra.

domingo, 22 de julio de 2007

¿Estamos no verán ou en outono?.


De todos é sabido que estamos no verán, bueno "verán" porque miro a data que marca o meu reloxio, porque si miramos para o ceo decatámonos de que facía moito tempo que non tíñamos un verán así.
Hoxe por a tarde dando un paseo por a Vila, concretamente por o Paseo Marítimo xa que hoxe por enésimo día non podemos disfrutar dun pouco de sol para acudir a praia, me decato de que unha árbore está a quedar sin follas, por o que penso duas cousas, ¿está a secar ou a natureza que é sabia dixo que o verán xa rematou e adiantou a caida das follas?.
Prometo mantervos informados, polo de momento disfrutade con as fotos.

jueves, 19 de julio de 2007

Voluntarios en Defensa do Monte Galego en Pontedeume.

Este ano debido as condicións metereolóxicas a tempada de alto risco de incendio nos montes galegos se está a retrasar, pero non por eso nos podemos relaxar e dende varias institucións como pode ser Voluntariado en Defensa do Monte Galego ou dende o Centro de Educación Especial "Carmen Polo" de Ferrol, nos están a dar unha lección de solidariedade e traballo con a natureza e preservación dos nosos montes, para eso basta con ver a laboura que veñen a desempeñar e sobor de todo a ilusión que teñen os mesmos, posta de manifesto nunha carta que escrita do seu puño e letra e asinada por catro voluntarios nos describen as suas sensacións. Se tedes oportunidade non deixedes de botarlle un vistazo pois as estan a pegar por moitas esquinas e lugares da vila.
Si te queres facer voluntario, o podes facer chamando o teléfono gratuito 900 400 800, anímate.

martes, 17 de julio de 2007

Procesión Marítima do Carme Pontedeume 2007.

No día de onte en Pontedeume tivemos a oportunidade de volver a recuperar a Procesión Marítima e así rendir merecido homenaxe a Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.
A vila dos Andrade, un pobo que o longo da súa traxectoria ten un marcado carácter mariñeiro, onte nunha tarde chea de emoción e ledicia, posta de manifesto a través dos centos de persoas participantes e nas autoridades que a acompañaron, poideron ser partícipes tanto da misa que tivo lugar no porto baixo a atenta mirada da Imaxen da Virxe do Carme, como da procesión marítima que tivo lugar a continuación, na que como mandan as tradicións e a bordo nesta ocasión do barco "Capricho" zarpou ao encontro da outra imaxe da Virxe, que dende Redes e a bordo do "Santiaguiño" surcaron xuntas a ría ata depositar a coroa no mar antes de regresar cada unha o seu Porto, aproveitando a Imaxen da Virxe para darlle un cariñoso guiño a Estatua que a mesma ten e preside a entrada do porto de Pontedeume, saudándose ata o ano que ven.
Dende aquí quero agradecerlles tanto a Antón como a Paloma os (Fornos ou Fonés) xa que tras a sua invitación e a bordo do "Piula" foi posible a miña participación na Procesión facendo posibles estas fotografías. Grazas.


sábado, 14 de julio de 2007

Sábado 14 de xullo, nublado, pero Pontedeume a tope co feirón.

Sábado 14 de xullo, o día aparece nublado e o sol non nos quere deleitar con a sua presenza, por o que penso que moita xente decidiu que a mellor forma de pasar o día sería Pontedeume e o seu feirón.
Bastaba con dar unha volta por Pontedeume hoxe para darse conta que algo estaba a suceder, xa que non era un sábado normal. Hoxe sábado en que moitas persoas deron o pistoletazo de saida as suas vacacións e o non acompañar o tempo decidiron que a mellor forma de pasar a mañán era no feirón e abofé que dou fe do mesmo.
A continuación amosareivos unha serie de fotografías tomadas no feirón, non querendo deixar pasar a oportunidade de agradecer a tódalas persoas que fixestes posible que este blog xa teña mais de mil entradas, por o que somentes GRAZAS.

jueves, 12 de julio de 2007

Estampas que facía tempo que non se vían en Pontedeume.



Facía moito tempo que estas estampas non se vían en Pontedeume reza o titular.
Partindo da idea de que me da igual o partido que esté no poder, xa que valoro o traballo que se faga por e para o mesmo, pódovos decir que estamos a notar un cambio no pobo pouco a pouco e que non está a pasar desapercibido. Esta nova corporación estase a dar conta que temos un pobo moi grande e que ten unha beleza e riqueza recoñecida que todos sabíamos menos os que estaban no goberno anterior, e por moi pouco que se faga sae a relucir.
Séguense a notar aparte dos cambios que mencionei na anterior entrada, o pintado das farolas, o coidado dos nosos xardíns, e tamén vos menciono o coidado que estan a levar no cemiterio, pois no mesmo cortaron uns cipreses secos e procederon a limpar de maleza as paredes do mesmo.
Dende este blog vos animo a seguir esperando que os operarios do concello non se den de baixa por exceso de traballo con respecto a anos anteriores.

lunes, 9 de julio de 2007

Escomenzan a verse cambios no pobo.

Despois dun tempo no que por motivos laborais tiven o blog un pouco parado, volvo con ánimos renovados e con a ledicia de podervos comunicar que se están a notar pequenos, pero o fin e o cabo cambios no Pobo.
Nunha época do ano en que o calor e o astro rei deberían estar o noso carón, póñome a pensar en que igual se contaxiou da deixadez con que se viña a desenrolar o noso Pobo, pero que nestas últimas semanas escoménzase a ver unha luz de esperanza no horizonte o igual que na fotografía, para o volver a Rexurdir de Pontedeume.


Parece que atrás queda a desidia na que viña a estar mergullado Pontedeume. Con respecto a deixadez do paseo marítimo, cortouse a herba do mesmo, estanse a lixar as farolas que quedaron, imaxino que para pintalas, escomenzouse a reparar a fonte do inicio do paseo, etc, pequenos cambios pero que demostran gañas de traballar, aunque tampouco é para loubar moito esto xa que para eso foron elexidos.
De seguido vos amoso unha serie de fotografías nas que se ve o antes e o despois para que vos mesmos saquedes as vosas propias conclusións.
Existía un antes:


E por sorte e sacadas no mesmo sitio un tempo despois:

lunes, 25 de junio de 2007

Por San Xoán a sardiña molla o pan.




Que razón ten o encabezamento, xa que as sardiñas estaban no seu punto.
Como tódolos anos con a chegada da noite do 23 de xuño, Noite de San Xoán, nos concentramos a veira de Xulio para degustar as xardiñas con que nos deleita.
Este ano como non podía ser menos e baixo o ritmo imposto por Saavedra, todo o mundo se animou a bailar algunha peza o remate das xardiñas, facendo tan bo tempo que ainda que cantou Xulio non foi quen de estraga-lo.
Despois achegámonos a praia de Cabañas para seguir con a troula, praia que estaba ateigada de xente e de lumeiradas cada cal mais grande que a anterior, e como nós non podíamos ser menos, fixemos unha que tivemos que esperar caseque apagase para poder salta-la e así poder decir os conxuros para botar os meigallos fora e darlle a benvida o verán.