martes, 23 de octubre de 2007

Abelardo Miguel na Wikipedia.

Abelardo Miguel na wikipedia. Si xa podemos saber mais deste xenial pintor eumés, e de paso grazas a rede de redes, facer que o nome de Pontedeume soe con mais forza en calquera recuncho do planeta.


jueves, 18 de octubre de 2007

Pontedeume e Abelardo Miguel xuntos da man.

Que Abelardo Miguel e Pontedeume van xuntos da man non lle pode resultar estrano a ninguén.
Abelardo fixo moito por Pontedeume e pouco a pouco somos quen de recoñecer toda a laboura que fixo e a millor forma que temos agora de aprecialo, é darlle toda a importancia que tivo e ten a súa obra a prol do recoñecemento e desenvolvemento da vida e todo o cotiá dos eumeses.
Amósovos un cadro no que se pode apreciar a fonte do pilón con o torreón vixiante, e no que ainda se pode ver o "estanque" que estaba a os seus pés, estanque que tiña peixes e que non fai falla ter moitos anos para lembrarse del.Toda esta información está sacada de unha páxina que me mandou María Fidalgo e na que podedes atopar información de moitos dos pintores que mais relevancia tiveron ou teñen de Galicia, entre os que podemos atopar a figura de Abelardo Miguel.


miércoles, 17 de octubre de 2007

Grazas a ti.

Pasaron uns intres dende que puxen a anterior entrada e recibimos como regalo un novo cuadro que quero compartir con todos vos, GRAZAS María.No mesmo correo me dice que atopou parte do legado de Abelardo Miguel en Salamanca e que en datas próximas sacará un artigo na revista do Centro Galego de Bos Aires, así como que ten previsto dar dúas conferencias en Ferrol a finais de decembro argallado por a Sociedade Artística Ferrolana e no Liceo de Ourense, ámbalas sobor da vida e obra de Abelardo Miguel.
Ten previsto tamén dar unha conferencia en Pontedeume, somentes falta a confirmación por parte do concello, e utilizando as súas verbas "conferencia que gostaría moito de dar por razóns sentimentais e afectivas con a familia do pintor e que no verán non se puido dar como a ela lle houbese gustado".


martes, 16 de octubre de 2007

María Fidalgo segue a tentar recopilar a obra de Abelardo Miguel.

Hai mais dun mes recibín un correo de María Fidalgo no que me comunicaba que seguía con o seu traballo, que non é outro que recopilar a obra do eumés Abelardo Miguel.
Dende estas páxinas no seu día xa demos conta do chamamento que fixo e da resposta que nos deu, na que nos amosaba a súa ledicia a vez que nos deleitaba con a fotografía de cuadros de Abelardo Miguel.
Na procura de catalogar a obra, me di que está a ser moi difícil posto que ainda que acadou grandes avances, pouca xente se puxo en contacto con ela para así poder seguir a traballar. Cabe destacar o estudo que recentemente ven de publicar na revista "Cátedra" sobor da súa estelar obra da Cooperativa de Castro e agora está a publicar tamén na revista "Nazón" un artigo sobor da identidade galega na obra do pintor. Por outro lado segue a divulgar a súa obra facendo públicos tanto a súa obra como o nome de Pontedeume en diversos medios de comunicación como pode ser na Voz de Galicia, no Diario de Ferrol, e buscando mais aló da provincia atopei un artigo na Región de Ourense.
Dende este blogue reitero a petición de que si algunha persoa poidese axudar na catalogación da obra de Abelardo Miguel non dubide en poñerse en contacto conmigo.
GRAZAS de parte de María Fidalgo.

martes, 9 de octubre de 2007

¡Nos invade!.

Si non é unha utopía, pois nos tempos en que estamos en Pontedeume sufrimos a invasión da néboa, invasión que trae unhas molestias que todos poidemos sentir e de xeito ainda a esta hora a podemos ver, pero que nos deixou imaxes das que espero disfrutedes como o fixen eu.