lunes, 28 de enero de 2008

Charla da Asociación de Veciños "A Vila" de Pontedeume

A asociación de veciños "A Vila" de Pontedeume ante a inquietude xurdida ante a inminente desaparición o próximo 1 de xullo da "Tarifa nocturna e o seu cambio forzoso ao Horario Discriminado", organiza o mércores 30 ás 19'00 horas no Salón de Actos de Caixa Galicia, unha charla na que se aclararán todas as dúbidas e consecuencias que devandito cambio traerá.
Móstrovos o cartaz de devandito evento onde podedes ver os nomes dos técnicos que impartirán a mesma.



jueves, 24 de enero de 2008

Estamos a piques de rematar a costa de xaneiro e xa comeza a costa do porco

Cando ainda non rematou a costa de xaneiro xa se nota que a costa do porco asoma o seu fuciño e que teremos que facer fronte as laconadas, as orellas do entroido, os freixós, as torradas e demais esquisiteces que se nos ofertarán nos vindeiros días.
Como avance xa vos digo que non fun quen de decir que non quería cando o outro día mas ofreceron. En fin ¡que dura é esta vida!.

jueves, 10 de enero de 2008

Arco da vella na ría

Basta abrir os ollos para gozar da contorna no que vivimos, pero se lle sumamos o marabilloso agasallo con que nos obsequia a natureza obtemos esta bela estampa da praia de Cabanas baixo un arco da vella á vez que uns raios de sol ilumínano para resaltar máis se é posible a súa beleza.


martes, 1 de enero de 2008