jueves, 27 de noviembre de 2008

Fotos do Carnaval de Verán 2008

Por mor das moitas peticións recibidas, decidín poñer unhas fotografías do Carnaval de Verán 2008.
Comezamos coas fotografías dun grupo de amigos que sempre participan da festa, nesta ocasión decidiron ir a marea




tivemos un mimo ¿ou era unha estátua?


persoaxes de conto


sempre ben recibidos as portas dos bares


a raiña da festa



visitounos a aristocracia


desde Oriente


e tivemos ata gladiadores


Espero que as mesmas sexan do voso agrado. Si algunha das persoas que saen nas fotografías quere algunha, que mo pida por correo electrónico, chega con premer o botón que tedes arriba no blogue.

martes, 7 de octubre de 2008

Escapada ao Concello de Riós-Ourense


Esta fin de semana demos en escapar ao Concello de Riós coa excusa de pasa-lo ben, pero a tenor da recompensa, a viaxe pagou a pena.
Cando íamos polas rúas e vieiros do concello animáronnos a percorrer os montes e buscar setas, concretamente boletus que segundo as verbas destes señores había bastantes, polo que dirixímonos a súa procura. Unha tarde de auténtica loucura ou sorte, xulgade vos mesmos,



pero o importante foi a xornada que pasamos e o manxar que trouxemos pra Pontedeume.


martes, 30 de septiembre de 2008

¡Ata maio non voltamos a Breamo!

29 de setembro, un día espléndido e gañas de pasalo ben, foron os ingredientes básicos pra que un ano mais a Romaría de Breamo fose un éxito ainda sendo luns.
Comezou o día coas misas e ca tradicional procesión ó redor da Capela de Breamo


portando a imaxe de San Miguel


o son das gaitas.
Despois cada quen disfrutou da festa da mellor forma posíbel a carón dos amigos ata que o corpo resistiu, sin esquecer as 9 voltas a capela, dando por despedido o verán a vez que xa se contan os días que faltan pra que chegue o 8 de maio e voltar a Breamo.
Deixovos coas reportaxes que fixeron en directo os da TVG en Breamo pra deleite de todos aqueles que non os viron. O primeiro é a conexión que fixeron a primeira hora.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Neste vai a entrevista que lle fixeron a unha pandilla a hora da comida.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


domingo, 28 de septiembre de 2008

O 29 de setembro subimos a Breamo


Chega o 29 de setembro, unha data agardada por tódolos eumeses para despedir o verán cunha Romaría no monte de Breamo.
Unha data na que respírase ledicia e o ambiente festivo pálpase no ambiente.
Lembra o lema que lanzan desde o concello "En Breamo xoga limpo", un eslógan que non fai mais que recordarnos que a diversión é posibel sin deixar todo cheo de lixo.


Unha vez dito o anterior so quédame convidarvos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".


miércoles, 10 de septiembre de 2008

As anduriñas emigran despois das Peras





Que as Anduriñas son os páxaros mais queridos polos galegos, sábeo todo o mundo, que as Anduriñas emigran, sábeo todo o mundo, pero que as Anduriñas gústanlle As Peras e emigran despois de estar na festa, ¡sabémolo os Eumeses!, ¿agardarán ata a Romaría de San Miguel de Breamo?.

sábado, 30 de agosto de 2008

Blogue con toda a programación das Festas das Peras 2008


A pouco mais dunha semana para o comezo das Festas das Peras 2008, a Comisión de Festas pon a nosa disposición un blogue para que non perdamos ningunha das moitas actividades que nos teñen preparadas, así como tamén puxeron o noso dispor un código para que poñamos nos nosos blogues un banner que nos dirixa directamente o blogue das Festas das Peras 2008.
Deixovos aquí o banner




un banner que como podedes comprobar xa puxen no lateral e que podedes facer o mesmo copiando o código do caixón. Aproveito a vez para darlle a noraboa a Comisión de Festas 2008 polo traballo que levaron e levan, un traballo que queda patente no blogue que fixeron para a nosa información.


jueves, 21 de agosto de 2008

Manifestación polas rúas contra a empresa química


Baixo o lema ¡Non nos mires, únete! discurría unha manifestación polas rúas de "Pontedenós" contra a industria química.
Segundo a imaxe anterior pode parecer certo, pero en realidade trátase da rodaxe da serie "Os Atlánticos", uns exteriores que graban estes días en Pontedeume.


viernes, 1 de agosto de 2008

Fotografías da visita ao Mosteiro de Caaveiro (Fotografías de la visita al Monasterio de Caaveiro)

Calquera excusa é boa para visitar o Mosteiro de Caaveiro, un mosteiro que os Sacerdotes Regulares de Santo Agostiño levantaron no medio da impresionante paisaxe que constitúe o Parque Natural das Fragas do Eume.


Para chegar ao mosteiro subiremos por unha senda


na que a cada paso que damos e mentres dura a subida, descubrimos a maxestuosidade das Fragas do Eume, por exemplo acibros,


ou as maravillosas formas que preséntanos o musgo sobre as rochas.


Como premio a subida observamos o Mosteiro en todo o seu explendor nunha posición dominante.





Unha vez dentro do recinto podemos ver o Mosteiro e o Ábside da Igrexa de Santa Isabel,



así como o escudo heráldico que preside a entrada


e unha fiestra do Ábside.


Unha vez que estamos dentro da igrexa non podemos esquecer que nos atopamos nas Fragas do Eume, polo que admiramos a paisaxe a traverso do Rosetón.


Seguindo coa visita guiada, vemos outra perspectiva do Mosteiro.


Unha vez que saimos do Mosteiro é visita obrigada baixar ata as ruinas do antigo muiño,


nas que vemos o que queda do muiño,


a ponte que cruza o río


e a beleza da auga cando baixa entre as rochas.


Hai outras moitas fotografías que podería poñer, pero non o farei para que cando vaiades de visita, as descubrades e sorpréndavos.







sábado, 5 de julio de 2008

Abordaxe no Eume

Parece un titular moi duro e tráxico, pero a vista das imaxes entenderédelo.


Debido a cantidade de barcas que hai no fondo da ría de Pontedeume, o baixar a marea fixo que unha das que ainda non están "fondeadas" coincidise e quedase en posición dominante como dicindo "ao abordaxe".

domingo, 29 de junio de 2008

E o día seguinte descansou

Esta é a historia dunha pita eumesa que tódolos días agasalla aos seus donos cun ovo.


Van pasando os días e a nosa protagonista acude a súa cita diaria cos seus donos, ata que un día sorpréndeos cun ovo fora do común xa que o mesmo cáseque duplica o tamaño dos anteriores.


A expectación e inquedanza entre os seus donos subía ante a chegada do agasallo do día seguinte e as apostas de como sería o tamaño do ovo do día seguinte, polo que os dous xuntos cando o día abriu erguéronse para descobrer a sorpresa que lles tiña reservada a súa pita.
Cando chegaron o seu carón viron que había un ovo moito mais pequeno que os normais

polo que enténdense as verbas do seu dono cando dixo "é normal tal e como lle quedara o cu despois do ovo de onte" polo que enténdese perfectamente aquelo de que o dia seguinte descansou.