viernes, 28 de diciembre de 2007

¡Que teñades un bo día!



Con nocturnidade e alevosía

Hoxe pola mañá quedei abraiado cando pasaba por a antiga praza do pilón, praza a que dende hoxe mudou o seu nome.
Tódalas persoas que por alí pasaban non podían permañecer impasíbeis ante o que vían, pois imaxino que dende o concello con premeditación e alevosía se realizaron os traballos baixo fortes medidas de vixiancia, grazas todo esto a un acordo que mantiñan en segredo con o Ministerio de Defensa e que se fixo realidade onte pola noite.
Eu deixarei unha imaxe que vale mais que mil palabras, ainda que desta vez a miña cámara non fose quen de sacar unha boa instantánea, descoñezo os motivos. Na mesma se pode ver como sacaron do seu emprazamento o pilón e no seu lugar puxeron unha estatua, estatua que non chamaría tanto a atención si non fose quen é. Somentes decirvos que dende hoxe o novo nome da praza do pilón será a da praza do xeneralísimo, praza que permañecerá baixo a forte vixiancia da lasca do alto do torreón.Dende aquí convídovos a que pasedes por a praza para ver o cambio e protestar perante o concello si non vos gusta a idea.

sábado, 17 de noviembre de 2007

As "lubinas asasinas" invaden Pontedeume.

"A invasión das lubinas asasinas", podería ser o título de calquera película, pero é o que me xurdiu para encabezar esta historia.
A mesma comeza cando nos dirixíamos a praia da Madalena-Cabanas, para camiñar un pouco e aproveitar así un pouco o sol. Para ir a praia mentras atravesábamos a ponte de ferro, para os da fora trátase da ponte do tren, vimos un grupo de persoas que non eran de aquí e que estaban a mirar hacia a auga, por o que nos o chegar a súa altura nos dispuxemos a mirar, e de seguido nos dixeron que se trataba dun banco de lubinas, pero non contentos con eso se dirixían a tódalas persoas que atravesaban a ponte o grito de "mirade que morea de lubinas", por o que tras mirar nós vimos que efectivamente se trataba dun banco de "múxeles", que por suposto non llelo dixemos por temor o desacougo que poderían levar o enfrontarse con a cruda realidade. E me pregunto ¿será unha bonita historia para contárllela os seus netos nun futuro?.


lunes, 12 de noviembre de 2007

O inxenio dos eumeses.

Que os eumeses temos moito inxenio é de todos coñecido, pero o máximo expoñente o poiden ver o outro día cando estaba a dar un paseo por a praia de Cabanas e nos demos conta que se poden practicar dous deportes a vez, e para mostra unha imaxe mellor que mil palabras ¿Acabará por ser a pesca en piragüa un deporte olímpico?.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Unha estatua que ten no seu interior algo dun Eumés.

O outro día non poiden resistir o impulso de inmortalizar e gastarlle así unha broma a un amigo, o novo emprazamento que se lle deu desde que foi retirada da Praza de España.
Estou a falar da estatua equestre de Franco, estatua que ten o seu novo emprazamento dentro do cuartel de infantería nunha esquina do patio principal.
Cando lles amosei estas imaxes a estes amigos, un deles ante o meu asombro, me sinalou a pata traseira dereita do cabalo e me dixo ¡Aquí dentro hai algo dun Eumés!.Como comprenderedes a pregunta seguinte que fixen foi que de que se trataba e que tiña que tiña que ver, respostándome que se trataba de un xogo de chaves que se lle caiu dentro do molde cando a estaban a fundir, de ahí que me decía o de que ¡A pata traseira dereita do cabalo de Franco ten algo dun Eumés!.

martes, 23 de octubre de 2007

Abelardo Miguel na Wikipedia.

Abelardo Miguel na wikipedia. Si xa podemos saber mais deste xenial pintor eumés, e de paso grazas a rede de redes, facer que o nome de Pontedeume soe con mais forza en calquera recuncho do planeta.


jueves, 18 de octubre de 2007

Pontedeume e Abelardo Miguel xuntos da man.

Que Abelardo Miguel e Pontedeume van xuntos da man non lle pode resultar estrano a ninguén.
Abelardo fixo moito por Pontedeume e pouco a pouco somos quen de recoñecer toda a laboura que fixo e a millor forma que temos agora de aprecialo, é darlle toda a importancia que tivo e ten a súa obra a prol do recoñecemento e desenvolvemento da vida e todo o cotiá dos eumeses.
Amósovos un cadro no que se pode apreciar a fonte do pilón con o torreón vixiante, e no que ainda se pode ver o "estanque" que estaba a os seus pés, estanque que tiña peixes e que non fai falla ter moitos anos para lembrarse del.Toda esta información está sacada de unha páxina que me mandou María Fidalgo e na que podedes atopar información de moitos dos pintores que mais relevancia tiveron ou teñen de Galicia, entre os que podemos atopar a figura de Abelardo Miguel.


miércoles, 17 de octubre de 2007

Grazas a ti.

Pasaron uns intres dende que puxen a anterior entrada e recibimos como regalo un novo cuadro que quero compartir con todos vos, GRAZAS María.No mesmo correo me dice que atopou parte do legado de Abelardo Miguel en Salamanca e que en datas próximas sacará un artigo na revista do Centro Galego de Bos Aires, así como que ten previsto dar dúas conferencias en Ferrol a finais de decembro argallado por a Sociedade Artística Ferrolana e no Liceo de Ourense, ámbalas sobor da vida e obra de Abelardo Miguel.
Ten previsto tamén dar unha conferencia en Pontedeume, somentes falta a confirmación por parte do concello, e utilizando as súas verbas "conferencia que gostaría moito de dar por razóns sentimentais e afectivas con a familia do pintor e que no verán non se puido dar como a ela lle houbese gustado".


martes, 16 de octubre de 2007

María Fidalgo segue a tentar recopilar a obra de Abelardo Miguel.

Hai mais dun mes recibín un correo de María Fidalgo no que me comunicaba que seguía con o seu traballo, que non é outro que recopilar a obra do eumés Abelardo Miguel.
Dende estas páxinas no seu día xa demos conta do chamamento que fixo e da resposta que nos deu, na que nos amosaba a súa ledicia a vez que nos deleitaba con a fotografía de cuadros de Abelardo Miguel.
Na procura de catalogar a obra, me di que está a ser moi difícil posto que ainda que acadou grandes avances, pouca xente se puxo en contacto con ela para así poder seguir a traballar. Cabe destacar o estudo que recentemente ven de publicar na revista "Cátedra" sobor da súa estelar obra da Cooperativa de Castro e agora está a publicar tamén na revista "Nazón" un artigo sobor da identidade galega na obra do pintor. Por outro lado segue a divulgar a súa obra facendo públicos tanto a súa obra como o nome de Pontedeume en diversos medios de comunicación como pode ser na Voz de Galicia, no Diario de Ferrol, e buscando mais aló da provincia atopei un artigo na Región de Ourense.
Dende este blogue reitero a petición de que si algunha persoa poidese axudar na catalogación da obra de Abelardo Miguel non dubide en poñerse en contacto conmigo.
GRAZAS de parte de María Fidalgo.

martes, 9 de octubre de 2007

¡Nos invade!.

Si non é unha utopía, pois nos tempos en que estamos en Pontedeume sufrimos a invasión da néboa, invasión que trae unhas molestias que todos poidemos sentir e de xeito ainda a esta hora a podemos ver, pero que nos deixou imaxes das que espero disfrutedes como o fixen eu.



sábado, 29 de septiembre de 2007

Hoxe 29 de setembro é San Miguel e toca ¡Subir a Breamo!...

Hoxe 29 de setembro é San Miguel e polo tanto tódolos eumeses e os milleiros de persoas que nos visitan hoxe quedan convidados a Subir a Breamo.
En Pontedeume duas veces no ano celebramos a Romería de Breamo, a do 8 de maio e a de hoxe. Nestas datas os eumeses aproveitamos para darlle a benvida e despedida o verán.
Hoxe en calquera recuncho da vila poderá ser visible a ledicia e sorrisos de toda a xente, polo que dende aquí convídovos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
¡Que o pasedes ben!.


jueves, 27 de septiembre de 2007

A Galega en Pontedeume.

Imaxino que xa teredes visto por Pontedeume durante estas últimas semanas a Galega.
Si falo da Televisión de Galicia, que está a rodar os exteriores da súa nova serie "Os Atlánticos".
Esta nova serie escomenzarase a emitir no vindeiro mes de xaneiro e constará nun principio de 13 capítulos protagonizados principalmente por Manquiña, Deive e unha morea de novos talentos entre os que cabe destacar algúns que xa participaron en "Mareas Vivas".
Amósovos unhas imaxes nas que poderedes ver un momento da rodaxe de onte na rúa Real.Dende este este blog desexarlles os maiores dos éxitos a esta nova serie.


viernes, 21 de septiembre de 2007

Xa falta menos para "San Miguel".

Xa falta menos para que chegue o 29 de setembro, día no que se celebra o San Miguel.

Cando esa data chega, tódolos eumeses e persoas que coñecen as costumes eumesas, se preparan para celebrar e disfrutar da Romaría de Breamo.
Amósovos o cartel obra de "Chimporta" e que nos está a recordar o evento. Para os mais impacientes e queren saber canto tempo falta, tedes na marxe dereita do blog un contador que vos indica o tempo que teremos que agardar para subir.
Ah se me esquecía, podedes mirar si estades no cartel, xa que o mesmo está feito con fotos modernas e antigas de xente que sube a breamo.

martes, 18 de septiembre de 2007

Voltamos de larpeiros.

De novo nos volvemos a xuntar uns amigos e dende Pontedeume saimos con a intención de facer mais agradable o domingo.
A primeira parada era Melide para alí poder tomar os viños de rigor e facer hora ata a comida.
Cando se aproximaron as tres da tarde saimos cara o "Muiño das Canizas", un lugar que vos recomendo tanto para comer como para pasar un día en contacto con a natureza.
Despois de comer e de tomar a nosa primeira "chispanza" de rigor na terraza do muiño, demos un paseo rio arriba con a intención de si éramos quen de ver unha troita de pé, non houbo sorte, pero ainda así poidemos disfrutar do entorno.
O acabar o paseo saimos dirección o Castelo de Pambre e o Balneario Rio Pambre, para unha vez chegados alí poder disfrutar con a nosa segunda "chispanza" sentadiños na terraza e respirando a tranquilidade do entorno.
Cando acabamos saimos dirección a Pontedeume con a intención de ver o partido de baloncesto, que non tivo o final que todos desexávamos, pero que se lle vai a facer outra vez será, eso si Grazas dende aquí a parella de amigos que se xuntaron por primeira vez o grupo e nos permitiron disfrutar mais da excursión, xa que naceron na zona visitada.



miércoles, 12 de septiembre de 2007

Volta á realidade cotiá.

Remataron as Festas das Peras 2007, dende este blog noraboa os da comixión por os éxitos acadados, e voltamos á realidade cotiá.

Nestes días poidemos disfrutar dos Mómaros e Cabezudos,da cucaña,do concurso de froitas,de moitas mais actividades que tivemos nestes días e de toda a algarabía que había nas rúaspero a partires de agora basta con dar un paseo para darse conta de que todo pasou e voltamos o cotiá, pois xa non están ateigadas de xentepero como Eumeses que somos, e copiando o que dín en Pamplona "Eumeses, non vos preocupedes que xa queda un día menos para honrar a San Miguel e poder subir a Breamo".



lunes, 10 de septiembre de 2007

Concurso de froitas e descenso do Eume das Peras 2007.

Chegou o día do concurso de froitas e de ver quen gañaba o 41º descenso do Eume en piragua.
De mañanciña xa nos poidemos deleitar con o concurso de froitas, das que moitas xa eran comidas somentes con a vista pois lucían fermosas , apetitosas e orgullosas de poder exhibirse diante de tanta xente. Contanme que destacaban entre todas as froitas uns limóns que tiñan o tamaño de melóns, e que moitan xente pensaba que se trataba de marmelos xigantes. Deixovos unhas fotos para deleite e recordo.

E xa por a tarde o 41º descenso en piragua nos fixo apostarnos as marxes do Eume, e así poder ver o esforzo que estaban a facer todos os piraguistas. Deixovos unha foto do palco con todos os trofeos que se iban a premiar os mais destacados.

domingo, 9 de septiembre de 2007

A cucaña das Peras 2007.

Estamos de cheo nas Festas de Pontedeume, As Peras 2007.
Hoxe o artigo versará sobor de un dos momentos que mais me gustan tanto a mín como a tódolos visitantes que veñen a Vila, a Cucaña Marítima.
Xa sabedes do que estou a falar, pero para aquelas persoas que descoñezan o que é, decirlles que se trata de poñer nun barco un pao inclinado untado con sebo e na punta do mesmo unha bandeira. Unha vez colocado todo esto e por riguroso orde hai que tratar de coller a bandeira, levando suculentos premios as tres primeiras persoas que o conseguen.Por toda a Vila xa sabemos cando as collen, a fotografía anterior corresponde o momento en que Xavier non me lembro do seu apelido colle a segunda bandeira, pois cada vez que se colle unha bandeira soan bombas de palenque, na primeira unha bomba, nas segunda duas e tres na terceira, que dan paso de seguido a un dos momentos preferidos dos rapaces, a Queima do Galán, un boneco que ten no seu interior material pirotécnico e que rema ata estoupar.



viernes, 7 de septiembre de 2007

Dende Pontedeume para o mundo, ¡As Peras 2007!.

Deron as doce do medio día e puntuais a sua cita acudiron os Mómaros e os Cabezudos. A praza e rúas colindantes ateigadas de xente foron testemuñas de como os chupinazos deron inicio as festas con a presenza do Alcalde e algúns concelleiros,de seguido puidemos ver o primeiro bico entre os mómaros
para despois dar paso o pasarrúas por todo o pobo e así dar por comezadas as Festas das Peras 2007 de Pontedeume.

¡Que pasedes boas Festas!.

martes, 4 de septiembre de 2007

Novo "Botellón" pero variamos o menú.


Un fin de semana mais nos xuntamos un grupo de eumes@s con gañas de pasalo ben, por o que tras reunirnos nunha finca con vistas a ría, escomenzou a festa.
Nada mais chegar e unha vez repartidos as labouras de cada un, empezamos por abrir o "botellón" esta vez era de cervexa e a cortar a empanada para que así baixase mellor.
Toda vez que a cervexa tocaba o seu fin, decidimos que era a turno de ir catando as diferentes D.O. que alí se deron cita, pois había dende maceracións carbónicas ata grandes reservas da rioxa.
A todo esto xa estaban ben avanzadas as viandas que nesta vez había pouca cousa, sin olvidarnos da empanada, había navallas, bacallau o forno e o pil-pil, chourizos criollos e os normais, touciño entrefrebado de porco, xeados, froita, queimada, e a sorpresa final que nos ofreceu a nosa mellor reposteira, empanada de mazá, ¡que rica!, amósovos a sua foto.Unha vez que demos conta de todo esto e botando en falla as parellas que faltaban, os "mañicos" e os "catalás do órdago", escomenzamos a xogar as cartas baixo os efluvios das chispanzas, e da auga de Valencia, pasando o remate a botar unhas partidas de "brilé", no que o resultado era o de menos. Espero que non salte moito a vista, pois ¿nótase que perdemos?.


lunes, 20 de agosto de 2007

Eumeses de roteiro por Melide.

Volvémonos a xuntar 24 persoas e decidimos facer unha ruta por Melide.
A intención aparte de poder gozar das súas marabillosas festas, gastronomía con chispanzas incluidas e o carácter afable dos seus habitantes, quedei marabillado co Museo Terra de Melide, un museo que por todo o que alí ten e non por ser a entrada de balde vos decepcionará.
Agradecer a atención prestada polo seu guía Pedro, o cal nos ensinou todas as reviravoltas do mesmo á vez que nos informaba con detalle de todo o que alí había.
Para empezar dicir que na súa planta baixa había unha exposición de cadros das que vos deixo unha pequena mostra en forma de imaxes, nas demais plantas ata un total de tres, unha completa exposición de todo o relacionado cas labouras cotiáns da Vila, sendo todo o que no mesmo se atopa doazóns dos habitantes de Melide.


sábado, 18 de agosto de 2007

Xa falta menos para o 4º Antroido de Verán.


Rematou o 3º Antroido de Verán e xa estamos a espera do vindeiro.
Deixando aparte que si os disfraces eran mellores ou non, xa que moitos eran difíciles de levar debido a calor que fixo, pero o que non podo deixar pasar por alto foi o que si se acadou, que non foi outra cousa que se notase no ambiente que había gañas de pasalo ben por parte de toda a xente que na rúa se atopaba, como nas grandes ocasións "Breamo, O Río", o que desembocou en festa rachada.
Nesta ocasión non vos poderei amosar moitas fotografías xa que o meu disfraz non tiña petos onde poder levar a cámara con seguridade, por o que a calidade das imaxes o seren de movil deixan un pouco que desexar, pero non podía deixar pasar a ocasión de inmortalizar a festa así como dende aquí darlle a noraboa a Juancho como organizador do mesmo, ahí vai a tua foto.


martes, 14 de agosto de 2007

Eumeses no Cebreiro e o Courel.


Un grupo de amigos argallamos unha excursión a o Cebreiro e o Courel, por o que chegado o día puxemos rumbo e tras hora e media dende Pontedeume chegamos a o Cebreiro a cal sería a nosa primeira parada.
Nos recibiu cuberto de néboa pero pese a mesma, non era quen de ocultar baixo o seu espeso manto a sua beleza que poidemos admirar tanto nós como os centos de peregrinos que alí se atopaban. Mentres estábamos a degustar unha boa cunca de "caldo galego" e un pouco de "queixo do cebreiro", recibimos unha chamada de dous amigos que viñan de Salamanca e que se xuntarían a grupo, benvidos, xa somos 21.
Unha vez que nos xuntamos puxemos rumbo a o Courel con a intención de tomar algo antes de dar conta do "cabrito ao espeto" e de embutidos da zoa e sobretodo unha empanada que me sorprendeu moito, xa que un dos seus ingredentes eran nabizas, ah dos postres prefiro non falar, uhmmm.
Despois de dar conta de todo, fixemos un roteiro no que poidemos disfrutar das fotografías anteriores e levar unha sopresa, pois xa facía tempo que non vía ese nome para ¿sabedes que é o que está a sinalar?, seguro que si.



lunes, 6 de agosto de 2007

Xa que o botellón está de moda en Pontedeume, nós tamén o facemos.


Nós non queríamos ser menos e nos apuntamos a moda de Pontedeume, o "Botellón".
A excusa a perfecta, un grupo de amigos que con gañas de pasalo ben se xuntan e argallan unha troula, na que non podían faltar a comida, bebida e o mellor a boa compaña con gañas de pasalo ben.
Escomenzamos por preparar o lume e a comida para os milleiros de persoas que alí estábamos concentrados, empezando por preparar unhas boas anchoas con queixo de Melide con a compaña de un bonito o marmitako, de seguido fixo acto de presenza a empanada a vez que o viño escomenzaba e escorregarse por as nosas gorxas.
Seguimos con as sardiñas lañadas ou tamén chamadas aquí en Pontedeume "bistés da marola" das que vos amoso fotos, para seguir con cigalas, navallas e polbo de Fisterra, concretamente do Sardiñeiro, pementos asados, coello a pementa, plumas e costela de porco ibérico e de postre bola de nata e queixada pasiega sin querer entrar en cafés e licores diversos, por o que o final da partida de rigor houbo partido de fútbol entre menores de 40 anos e maiores, que por certo ¡que paliza levaron!, ¿ou non?, bueno é igual, pois a mín ainda me doen as pernas.

martes, 31 de julio de 2007

D.O. Monterrei moito por descubrir, anímate.


Non é que queira descubrir agora a D.O. de Monterrei, somentes vos quero amosar e abrir os ollos a aquelas persoas que descoñezan ou non tivesen a oportunidade de probar os caldos que alí se están a elaborar.
A D.O. Monterrei nace das vides que se atopan baixo a atenta mirada do Castelo de Monterrei, nas suas propias ladeiras e no propio val do río Támega e afluentes, ocupando unha extensión apróximada de 3.000 hectáreas. O seu chan é profundo e fértil, de terras pardas, materiais silíceos e con unha acidez media-alta. O seu clima se pode decir que ten rasgos mediterráneos, de veráns moi cálidos e con unha pluviosidade de 683 mm/ano.
Esta D.O. de recente creación, pois data do ano 1.996, cultiva nas suas viñas para o blanco as variedades autóctonas Dona Branca (Valenciana ou Moza Fresca), Godello (Verdello) e Treixadura (Verdello Louro), obtendo uns viños brancos frescos, afrutados e moi agradables, con un excelente equilibrio entre graduación e acidez, e para os seus caldos tintos empregan Mencía e Tempranillo (Arauxa) con o que están a conseguir uns viños frutais e moi expresivos.
Como mostra de todo esto que estou a contar amósovos un artigo que saiu pubricado na Voz de Galicia sobor do éxito colleitado por a D.O. de Monterrei no que despois de unha cata de caldos galegos deu como gañadores a dous viños de esta D.O., así como un enlace donde poderedes comprobar o eco que de esta nova tivo na Consellería de medio Rural desta cata celebrada en Allariz.