jueves, 21 de junio de 2007

Aserrín, aserrán xa esta aquí o verán.

Como dí a canción "aserrín, aserrán xa esta aquí o verán", pero somentes como dí a canción, non se vos ocurra mirar pola fiestra para tratar de comprobalo, polo menos en Pontedeume.
Con a chegada do verán ábrense infinitas posibilidades de festa esgotándose as excusas para evitar sair de troula.
Sin ir mais lonxe para este fin de semán, xurde a posibilidade de expresar a nosa devoción por San Xoan, e participar nas múltiples sardiñadas o carón das múltiples lumeiradas ou cacharelas de San Xoan.
No noso concello ainda se mantén a tradición de porfiar que é de facer a lumeirada mais grande, ainda que teñamos que sair da vila para comprobalo e trasladarnos as parroquias do noso concello, tradición que na vila se perdeu imaxino que por cuestións de seguridade, pero quen non lembra as lumeiradas da "Estación", as da "Praza da Calzada" , imaxino que tamén habería algunha por a zona de "Ricardo Sánchez" descoñecendo este dato, pero destacando sobor de todas a de "Boavista" xa que era a mais grande de todas.
Para todos aqueles que fagan unha lumeirada ou cacharela, lémbrolles as verbas que deben decir o salvar as mesmas, xa que serven para purificar e botar os meigallos fora aparte de casar as mulleres que as salten sin tocar o lume veces impares. As verbas que coñezo son: "salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can" ou esta outra "Deus te dou, Deus te criou, Deus che saque este meigallo se alguén cho botou. Antes que o mal sexa visto, naceu Cristo, morra este mal e viva Cristo", e por último cando se achega a hora de bota-la borralla e as cinzas de cara o río e acaben no mar non esquezan decir: "Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de tí. Deus te leve ó mar onde non cantou a galiña nin o galo, pois o que cantou levouno o diaño"
Por último e para que estedes informados das moitísimas festas e caralladas que se celebrarán tanto no noso concello como en toda Galicia, poño o alcance da vosa man este buscador de festas para que non perdades ningunha, así como non podo evitar recomendarvos o enlace que tedes nesta páxina dun blog "Pontedeume en Festas" que trata de recopilar tamén as festas que surden argalladas a nivel local e non están recollidas por o buscador.