viernes, 22 de junio de 2007

Noite máxica, noite de San Xoán

Noite máxica dende os tempos mais remotos e que coincide con a celebración do solsticio de verán, polo que será a noite mais curta do ano. Na nosa terra ten unhas características especiais. É a noite do lume, fogueiras, lumeiradas, cachelas ou caharelas, pero tamén da auga donde reviven as fontes santas e milagreiras, a das nove ondas xa que purifican e fecundan, do orballo e do mundo vexetal.

Como ben sabemos en Pontedeume, nesta noite as plantas acadan o seu maior explendor e as suas maiores propiedades curativas e máxicas. Por ese motivo aquí en Pontedeume tóda-las mozas as recollen para poñelas un caldeiro con auga, para deixalas dentro toda a noite baixo o orballo, aproveitando toda a familia o erguerse, en especial os nenos para lavarse a cara con esta auga milagreira.

Algunhas herbas varían segundo a zona, pero as mais comúns en Pontedeume son as seguintes

- As rosas, as cales teñen propiedades tónicas e astrixentes para a pel.

- Os fentos dos que se dice que nesta noite bota flores, flores que servirán para facer feitizos.

- Herba luisa, herbas que teñen propiedades dixestivas e aparte tamén se empregaban para moitos ritos e feitizos amorosos.

- Herba de San Xoán, empregada para purificá-la casa o queima-la dentro da mesma.

- Romeu, outra das plantas empregadas en purificá-la casa e protexer a mesma.

- Hai outras como a menta e a ruda, plantas moi empregadas aquí.

Nesta ocasión me fago eco dunha iniciativa que levaron a cabo o ano pasado a UCOA (Unión de comerciantes autónomos eumeses), que van repetir este ano repartindo ramilletes entre os sus clientes para que estes somentes teñan que poñer en auga e baixo o orballo da noite as herbas milagreiras, e así poder lavá-la cara con a auga das mesmas.