domingo, 29 de abril de 2007

Cidadans de primeira ou segunda categoría.-

Nas datas que se nos aproximan, datas nas que o futuro do noso pobo se está poñendo en xogo, xurden moitas dudas de quen será o mellor e quen o peor, na que eu non quero entrar, pero o que na realidade estamos a ver e a situación no que se atopa o noso pobo, xa que prefiro facer unha páxina constructiva e que sirva para conseguir que se millore a nosa situación, que entrar a trapo e poñer a pan pedir a uns ou a outros. Para min tanta culpa teñen os que gobernan como os que non o fan e se atopan na oposición, xa que si os primeiros non fan nada por millorala, os segundos se quedan de brazos cruzados sin facer nada, cando todos, sexan de un partido ou de outro, son os nosos representantes.
En canto a situación do pobo e da comarca en xeral, podemonos referir a que nesta vida hai que ter sorte de vivir nun punto ou noutro, xa que si nas parroquias a deixadez é evidente, mesmo dentro do pobo temos a marxinación de que si vives nun número da rúa ou noutro. Por exemplo, que pensarán os veciños ou paseantes, moitos deles ancians, da rúa de ferrol que viven perto da estación, que teñen que chegar as suas vivendas por unhas beiraruas novas ata a altura da rúa ría de Ares, deixando o resto de seu traxecto as beiraruas vellas, cheas de buratos e con risco evidente de teren accidentes. E me fago a seguinte pregunta, ¿e que non pagan os seus impostos como os demais ou se atopan marxinados?. Tamén me pregunto, ¿qué primeira imaxe ofrece o noso pobo a tódolos viaxeiros que nos visitan por ferrocarril, por desgracia non son moitos, cando chegan a estación e ven o estado da mesma e os seus accesos?.
Tentemos lembrarlles os nosos gobernantes os nosos problemas, fagamos que tamén sexan os seus, non olvidando a actuación que tivo un veciño desta vila con un dos nosos problemas, me refiro o problema do alumeado público e a sua conservación, que se atopaba nun estado lamentable, con os cables a vista e accesibles a calquera persoa, con o risco evidente de que pasase un caso similar ao de Ribeira, e facendo forza no concello, eso si despois de trascurridos un ano en algunhos meses, conseguiu que se amañasen. Dende esta páxina agradecerlle o seu esforzo a este veciño, titular da páxina na que tedes unha ligazón dende este blog, e por amosarnos a tódolos veciños que con un pouco de esforzo por a nosa parte poderemos facer que O Rexurdir de Pontedeume sexa unha realidade.
Espero as vosas ideas e inquedanzas para tratar de que este esforzo non sexa en vano.

0 comentarios: