martes, 18 de septiembre de 2007

Voltamos de larpeiros.

De novo nos volvemos a xuntar uns amigos e dende Pontedeume saimos con a intención de facer mais agradable o domingo.
A primeira parada era Melide para alí poder tomar os viños de rigor e facer hora ata a comida.
Cando se aproximaron as tres da tarde saimos cara o "Muiño das Canizas", un lugar que vos recomendo tanto para comer como para pasar un día en contacto con a natureza.
Despois de comer e de tomar a nosa primeira "chispanza" de rigor na terraza do muiño, demos un paseo rio arriba con a intención de si éramos quen de ver unha troita de pé, non houbo sorte, pero ainda así poidemos disfrutar do entorno.
O acabar o paseo saimos dirección o Castelo de Pambre e o Balneario Rio Pambre, para unha vez chegados alí poder disfrutar con a nosa segunda "chispanza" sentadiños na terraza e respirando a tranquilidade do entorno.
Cando acabamos saimos dirección a Pontedeume con a intención de ver o partido de baloncesto, que non tivo o final que todos desexávamos, pero que se lle vai a facer outra vez será, eso si Grazas dende aquí a parella de amigos que se xuntaron por primeira vez o grupo e nos permitiron disfrutar mais da excursión, xa que naceron na zona visitada.



1 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta parece unha páxina de caralladas. O único que se ofrece de Pontedeume é unha imaxe de "bon vivant", de viaxeiros, de festas, fartas e grandes doses de viño.Non está mal que se goce da vida pero non é só iso o que hai en Pontedeume. Aínda que pode ser o maioritario. reclamo outra forma d eentender a vida, as relacións, o compromiso e a loita por unha vila mellor.