viernes, 28 de diciembre de 2007

Con nocturnidade e alevosía

Hoxe pola mañá quedei abraiado cando pasaba por a antiga praza do pilón, praza a que dende hoxe mudou o seu nome.
Tódalas persoas que por alí pasaban non podían permañecer impasíbeis ante o que vían, pois imaxino que dende o concello con premeditación e alevosía se realizaron os traballos baixo fortes medidas de vixiancia, grazas todo esto a un acordo que mantiñan en segredo con o Ministerio de Defensa e que se fixo realidade onte pola noite.
Eu deixarei unha imaxe que vale mais que mil palabras, ainda que desta vez a miña cámara non fose quen de sacar unha boa instantánea, descoñezo os motivos. Na mesma se pode ver como sacaron do seu emprazamento o pilón e no seu lugar puxeron unha estatua, estatua que non chamaría tanto a atención si non fose quen é. Somentes decirvos que dende hoxe o novo nome da praza do pilón será a da praza do xeneralísimo, praza que permañecerá baixo a forte vixiancia da lasca do alto do torreón.Dende aquí convídovos a que pasedes por a praza para ver o cambio e protestar perante o concello si non vos gusta a idea.

0 comentarios: