martes, 7 de octubre de 2008

Escapada ao Concello de Riós-Ourense


Esta fin de semana demos en escapar ao Concello de Riós coa excusa de pasa-lo ben, pero a tenor da recompensa, a viaxe pagou a pena.
Cando íamos polas rúas e vieiros do concello animáronnos a percorrer os montes e buscar setas, concretamente boletus que segundo as verbas destes señores había bastantes, polo que dirixímonos a súa procura. Unha tarde de auténtica loucura ou sorte, xulgade vos mesmos,



pero o importante foi a xornada que pasamos e o manxar que trouxemos pra Pontedeume.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

paréceme unha salvaxada a cantidade de cogumelos que andas a apañar do monte. Unha cousa e recolectar uns cantos e outra e levalos todos. Un pouco de sentidiño

Eumes dijo...

Por sorte ou desgraza non ando tódolos días apañando cogumelos polo monte como ti mentas, pero lanzo unha pregunta ¿qué farias tí si te atopases con eles tendo en conta tódalas persoas que íamos no grupo? non fai falla que contestes pois fareino eu, collelos como nos fixemos.
Unha aperta. Pra próxima invitámoste.