viernes, 28 de diciembre de 2007
Con nocturnidade e alevosía
Eu deixarei unha imaxe que vale mais que mil palabras, ainda que desta vez a miña cámara non fose quen de sacar unha boa instantánea, descoñezo os motivos. Na mesma se pode ver como sacaron do seu emprazamento o pilón e no seu lugar puxeron unha estatua, estatua que non chamaría tanto a atención si non fose quen é. Somentes decirvos que dende hoxe o novo nome da praza do pilón será a da praza do xeneralísimo, praza que permañecerá baixo a forte vixiancia da lasca do alto do torreón.

Publicado por
Eumes
en
13:45:00
0
comentarios
sábado, 17 de noviembre de 2007
As "lubinas asasinas" invaden Pontedeume.

Publicado por
Eumes
en
18:30:00
1 comentarios
lunes, 12 de noviembre de 2007
O inxenio dos eumeses.
Publicado por
Eumes
en
19:43:00
0
comentarios
viernes, 9 de noviembre de 2007
Unha estatua que ten no seu interior algo dun Eumés.
Cando lles amosei estas imaxes a estes amigos, un deles ante o meu asombro, me sinalou a pata traseira dereita do cabalo e me dixo ¡Aquí dentro hai algo dun Eumés!.


Publicado por
Eumes
en
14:04:00
0
comentarios
martes, 23 de octubre de 2007
Abelardo Miguel na Wikipedia.

Publicado por
Eumes
en
19:29:00
0
comentarios
jueves, 18 de octubre de 2007
Pontedeume e Abelardo Miguel xuntos da man.
Abelardo fixo moito por Pontedeume e pouco a pouco somos quen de recoñecer toda a laboura que fixo e a millor forma que temos agora de aprecialo, é darlle toda a importancia que tivo e ten a súa obra a prol do recoñecemento e desenvolvemento da vida e todo o cotiá dos eumeses.
Amósovos un cadro no que se pode apreciar a fonte do pilón con o torreón vixiante, e no que ainda se pode ver o "estanque" que estaba a os seus pés, estanque que tiña peixes e que non fai falla ter moitos anos para lembrarse del.


Publicado por
Eumes
en
21:34:00
0
comentarios
miércoles, 17 de octubre de 2007
Grazas a ti.

Ten previsto tamén dar unha conferencia en Pontedeume, somentes falta a confirmación por parte do concello, e utilizando as súas verbas "conferencia que gostaría moito de dar por razóns sentimentais e afectivas con a familia do pintor e que no verán non se puido dar como a ela lle houbese gustado".
Publicado por
Eumes
en
9:04:00
0
comentarios
martes, 16 de octubre de 2007
María Fidalgo segue a tentar recopilar a obra de Abelardo Miguel.

Dende estas páxinas no seu día xa demos conta do chamamento que fixo e da resposta que nos deu, na que nos amosaba a súa ledicia a vez que nos deleitaba con a fotografía de cuadros de Abelardo Miguel.
Na procura de catalogar a obra, me di que está a ser moi difícil posto que ainda que acadou grandes avances, pouca xente se puxo en contacto con ela

Dende este blogue reitero a petición de que si algunha persoa poidese axudar na catalogación da obra de Abelardo Miguel non dubide en poñerse en contacto conmigo.
GRAZAS de parte de María Fidalgo.
Publicado por
Eumes
en
19:32:00
0
comentarios
martes, 9 de octubre de 2007
¡Nos invade!.
Publicado por
Eumes
en
9:55:00
1 comentarios
sábado, 29 de septiembre de 2007
Hoxe 29 de setembro é San Miguel e toca ¡Subir a Breamo!...
Hoxe en calquera recuncho da vila poderá ser visible a ledicia e sorrisos de toda a xente, polo que dende aquí convídovos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
¡Que o pasedes ben!.
Publicado por
Eumes
en
9:06:00
0
comentarios
jueves, 27 de septiembre de 2007
A Galega en Pontedeume.
Si falo da Televisión de Galicia, que está a rodar os exteriores da súa nova serie "Os Atlánticos".
Esta nova serie escomenzarase a emitir no vindeiro mes de xaneiro e constará nun principio de 13 capítulos protagonizados principalmente por Manquiña, Deive e unha morea de novos talentos entre os que cabe destacar algúns que xa participaron en "Mareas Vivas".
Publicado por
Eumes
en
18:07:00
0
comentarios
viernes, 21 de septiembre de 2007
Xa falta menos para "San Miguel".
Xa falta menos para que chegue o 29 de setembro, día no que se celebra o San Miguel.
Amósovos o cartel obra de "Chimporta" e que nos está a recordar o evento. Para os mais impacientes e queren saber canto tempo falta, tedes na marxe dereita do blog un contador que vos indica o tempo que teremos que agardar para subir.
Ah se me esquecía, podedes mirar si estades no cartel, xa que o mesmo está feito con fotos modernas e antigas de xente que sube a breamo.
Publicado por
Eumes
en
13:22:00
0
comentarios
martes, 18 de septiembre de 2007
Voltamos de larpeiros.
A primeira parada era Melide para alí poder tomar os viños de rigor e facer hora ata a comida.
Cando se aproximaron as tres da tarde saimos cara o "Muiño das Canizas", un lugar que vos recomendo tanto para comer como para pasar un día en contacto con a natureza.
Despois de comer e de tomar a nosa primeira "chispanza" de rigor na terraza do muiño, demos un paseo rio arriba con a intención de si éramos quen de ver unha troita de pé, non houbo sorte, pero ainda así poidemos disfrutar do entorno.
O acabar o paseo saimos dirección o Castelo de Pambre e o Balneario Rio Pambre, para unha vez chegados alí poder disfrutar con a nosa segunda "chispanza" sentadiños na terraza e respirando a tranquilidade do entorno.
Cando acabamos saimos dirección a Pontedeume con a intención de ver o partido de baloncesto, que non tivo o final que todos desexávamos, pero que se lle vai a facer outra vez será, eso si Grazas dende aquí a parella de amigos que se xuntaron por primeira vez o grupo e nos permitiron disfrutar mais da excursión, xa que naceron na zona visitada.
Publicado por
Eumes
en
19:20:00
1 comentarios
miércoles, 12 de septiembre de 2007
Volta á realidade cotiá.
Remataron as Festas das Peras 2007, dende este blog noraboa os da comixión por os éxitos acadados, e voltamos á realidade cotiá.
Publicado por
Eumes
en
12:03:00
0
comentarios
lunes, 10 de septiembre de 2007
Concurso de froitas e descenso do Eume das Peras 2007.
De mañanciña xa nos poidemos deleitar con o concurso de froitas, das que moitas xa eran comidas somentes con a vista pois lucían fermosas , apetitosas e orgullosas de poder exhibirse diante de tanta xente. Contanme que destacaban entre todas as froitas uns limóns que tiñan o tamaño de melóns, e que moitan xente pensaba que se trataba de marmelos xigantes. Deixovos unhas fotos para deleite e recordo.
Publicado por
Eumes
en
9:51:00
0
comentarios
domingo, 9 de septiembre de 2007
A cucaña das Peras 2007.
Hoxe o artigo versará sobor de un dos momentos que mais me gustan tanto a mín como a tódolos visitantes que veñen a Vila, a Cucaña Marítima.
Publicado por
Eumes
en
11:56:00
0
comentarios
viernes, 7 de septiembre de 2007
Dende Pontedeume para o mundo, ¡As Peras 2007!.
Publicado por
Eumes
en
20:36:00
0
comentarios
martes, 4 de septiembre de 2007
Novo "Botellón" pero variamos o menú.
Un fin de semana mais nos xuntamos un grupo de eumes@s con gañas de pasalo ben, por o que tras reunirnos nunha finca con vistas a ría, escomenzou a festa.
Toda vez que a cervexa tocaba o seu fin, decidimos que era a turno de ir catando as diferentes D.O. que alí se deron cita, pois había dende maceracións carbónicas ata grandes reservas da rioxa.
A todo esto xa estaban ben avanzadas as viandas que nesta vez había pouca cousa, sin olvidarnos da empanada, había navallas, bacallau o forno e o pil-pil, chourizos criollos e os normais, touciño entrefrebado de porco, xeados, froita, queimada, e a sorpresa final que nos ofreceu a nosa mellor reposteira, empanada de mazá, ¡que rica!, amósovos a sua foto.

Publicado por
Eumes
en
8:24:00
0
comentarios
lunes, 20 de agosto de 2007
Eumeses de roteiro por Melide.
A intención aparte de poder gozar das súas marabillosas festas, gastronomía con chispanzas incluidas e o carácter afable dos seus habitantes, quedei marabillado co Museo Terra de Melide, un museo que por todo o que alí ten e non por ser a entrada de balde vos decepcionará.
Agradecer a atención prestada polo seu guía Pedro, o cal nos ensinou todas as reviravoltas do mesmo á vez que nos informaba con detalle de todo o que alí había.
Para empezar dicir que na súa planta baixa había unha exposición de cadros das que vos deixo unha pequena mostra en forma de imaxes, nas demais plantas ata un total de tres, unha completa exposición de todo o relacionado cas labouras cotiáns da Vila, sendo todo o que no mesmo se atopa doazóns dos habitantes de Melide.
Publicado por
Eumes
en
21:27:00
0
comentarios
sábado, 18 de agosto de 2007
Xa falta menos para o 4º Antroido de Verán.
Deixando aparte que si os disfraces eran mellores ou non, xa que moitos eran difíciles de levar debido a calor que fixo, pero o que non podo deixar pasar por alto foi o que si se acadou, que non foi outra cousa que se notase no ambiente que había gañas de pasalo ben por parte de toda a xente que na rúa se atopaba, como nas grandes ocasións "Breamo, O Río", o que desembocou en festa rachada.
Nesta ocasión non vos poderei amosar moitas fotografías xa que o meu disfraz non tiña petos onde poder levar a cámara con seguridade, por o que a calidade das imaxes o seren de movil deixan un pouco que desexar, pero non podía deixar pasar a ocasión de inmortalizar a festa así como dende aquí darlle a noraboa a Juancho como organizador do mesmo, ahí vai a tua foto.

Publicado por
Eumes
en
9:20:00
0
comentarios
martes, 14 de agosto de 2007
Eumeses no Cebreiro e o Courel.
Nos recibiu cuberto de néboa pero pese a mesma, non era quen de ocultar baixo o seu espeso manto a sua beleza que poidemos admirar tanto nós como os centos de peregrinos que alí se atopaban. Mentres estábamos a degustar unha boa cunca de "caldo galego" e un pouco de "queixo do cebreiro", recibimos unha chamada de dous amigos que viñan de Salamanca e que se xuntarían a grupo, benvidos, xa somos 21.
Unha vez que nos xuntamos puxemos rumbo a o Courel con a intención de tomar algo antes de dar conta do "cabrito ao espeto" e de embutidos da zoa e sobretodo unha empanada que me sorprendeu moito, xa que un dos seus ingredentes eran nabizas, ah dos postres prefiro non falar, uhmmm.
Despois de dar conta de todo, fixemos un roteiro no que poidemos disfrutar das fotografías anteriores e levar unha sopresa, pois xa facía tempo que non vía ese nome para ¿sabedes que é o que está a sinalar?, seguro que si.

Publicado por
Eumes
en
17:07:00
0
comentarios
lunes, 6 de agosto de 2007
Xa que o botellón está de moda en Pontedeume, nós tamén o facemos.
A excusa a perfecta, un grupo de amigos que con gañas de pasalo ben se xuntan e argallan unha troula, na que non podían faltar a comida, bebida e o mellor a boa compaña con gañas de pasalo ben.
Escomenzamos por preparar o lume e a comida para os milleiros de persoas que alí estábamos concentrados, empezando por preparar unhas boas anchoas con queixo de Melide con a compaña de un bonito o marmitako, de seguido fixo acto de presenza a empanada a vez que o viño escomenzaba e escorregarse por as nosas gorxas.
Seguimos con as sardiñas lañadas ou tamén chamadas aquí en Pontedeume "bistés da marola" das que vos amoso fotos, para seguir con cigalas, navallas e polbo de Fisterra, concretamente do Sardiñeiro, pementos asados, coello a pementa, plumas e costela de porco ibérico e de postre bola de nata e queixada pasiega sin querer entrar en cafés e licores diversos, por o que o final da partida de rigor houbo partido de fútbol entre menores de 40 anos e maiores, que por certo ¡que paliza levaron!, ¿ou non?, bueno é igual, pois a mín ainda me doen as pernas.
Publicado por
Eumes
en
16:15:00
1 comentarios
martes, 31 de julio de 2007
D.O. Monterrei moito por descubrir, anímate.
A D.O. Monterrei nace das vides que se atopan baixo a atenta mirada do Castelo de Monterrei, nas suas propias ladeiras e no propio val do río Támega e afluentes, ocupando unha extensión apróximada de 3.000 hectáreas. O seu chan é profundo e fértil, de terras pardas, materiais silíceos e con unha acidez media-alta. O seu clima se pode decir que ten rasgos mediterráneos, de veráns moi cálidos e con unha pluviosidade de 683 mm/ano.
Esta D.O. de recente creación, pois data do ano 1.996, cultiva nas suas viñas para o blanco as variedades autóctonas Dona Branca (Valenciana ou Moza Fresca), Godello (Verdello) e Treixadura (Verdello Louro), obtendo uns viños brancos frescos, afrutados e moi agradables, con un excelente equilibrio entre graduación e acidez, e para os seus caldos tintos empregan Mencía e Tempranillo (Arauxa) con o que están a conseguir uns viños frutais e moi expresivos.
Como mostra de todo esto que estou a contar amósovos un artigo que saiu pubricado na Voz de Galicia sobor do éxito colleitado por a D.O. de Monterrei no que despois de unha cata de caldos galegos deu como gañadores a dous viños de esta D.O., así como un enlace donde poderedes comprobar o eco que de esta nova tivo na Consellería de medio Rural desta cata celebrada en Allariz
Publicado por
Eumes
en
21:08:00
0
comentarios