viernes, 27 de abril de 2007

O Rexurdir de Pontedeume

A creación deste blog, non busca outra cousa que O rexurdir de Pontedeume, pobo que fai uns anos era o refente da bisbarra e con o poder do paso dos anos, foi decaindo ata atoparse no obstracismo no que nos vemos mergullados.
Queremos facer deste blog un espello, que permita aos políticos e responsables de nos representar no goberno de Pontedeume, mirarse e saber das inquedanzas da xente, dos veciños de Pontedeume en definitiva de todos nós.
Por ese motivo e dende este blog, animo a participar a tódala xente sexan o non veciños da comarca, a mostrar as suas inquedanzas e pareceres así como as solucións que eles crean sexan ou non axeitadas.
Esperando a vosa participación sobre o Rexurdir de Pontedeume, que xa é hora de comenzar e sobretodo nestas datas que se nos achegan de promesas electorais, tomemos a palabra.
Unha aperta.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhoraboa polo nacemento do teu blog.
Me gusta o positivismo e a ilusión con que o afrontas.

Anónimo dijo...

Preocupémonos pola saúde do noso pobo

Eumes dijo...

Graciñas polos vosos comentarios, que non fan mais que reforzar as gañas e ilusión con que se iniciou este proxecto, no que espero sigades participando e poñendo o voso grau de area, para conseguir o obxectivo que todos temos, que non é outro que O Rexurdir de Pontedeume. Espero as vosas inquedanzas e solucións, para que este barco chegue a bon porto e non se afunda. Graciñas.

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa do blog, xa te teño entre os meus Favoritos ¡¡

XD

Ese é o Caracter que fai falta para este pobo.

EStamos contigo