martes, 1 de mayo de 2007

1 de Maio, día do traballador.

Morre abril e dámoslle a benvida a maio, mes que nos ten reservados a os eumeses entre outras actividades lúdicas a subida a Breamo do día 8, día que será festivo local e data nas que tódos ou caseque tódolos eumeses participaremos da mesma con mais ou menos intensidade.

Pero mentras chega ese día, atopamos antes o día 1 de Maio, Día do Traballador, día no que moitos traballadores que pelexan por uns dereitos ou liberdades, manifestadose polas ruas de todo o territorio.

Dende Pontedeume non podía ser menos, e xa que non se puido ver o discorrer da mesma por as ruas da vila ou polas parroquias pertencentes o concello, fagamos que se vexan por este medio as gañas que ten o pobo de que se traballe por o mesmo e para o mesmo, fagamos que as nosas gañas se lles contaxien os nosos políticos tanto do goberno ou da oposición, que se den conta que os cidadáns os eleximos como os nosos representantes, non para figurar senon para traballar e loitar por Pontedeume.

Por eso dende o que representa o día de hoxe para todos nós, e por a ilusión con que se afrontou este proxecto, vos pido un pouco de compromiso e gañas, para que este día tamén sexa recordado por ser o día en que os eumeses adquiriron un compromiso de esforzo de cara O Rexurdir de Pontedeume.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe celebráronse os Maios por toda Galicia, non hai máis que ver as novas nos telexornais.
En Pontedeume, que é un pobo con tradición viva dos maios, hoxe non os houbo.
O Concello, supoño que desde Asuntos sociais, organizaron os Maios para o sábado día 5.
Para mín é unha burrada tan grande como pretender cambiar a data do Paso ou o día de San Miguel de Breamo por que caen mal as datas.
Espero que o pensen millor para o ano...
" Levántate maio que tanto tardaches, pasou o Antroiodo e ti non chegaches. Seresín, seresán que de noite virán. ..."

Anónimo dijo...

Conta co meu apoio, coas miñas gañas e con todo o meu traballo para loitar para que Pontedeume sea unha referencia non só para Galicia, senón para Todo o Mundo.

Anónimo dijo...

Realmente é de agradecer que haxa xente coma o administrador deste blog.
O estado da vila é comatoso. Entre todos debemos tentar darlle outro rumbo a esta decadencia galopante, perooooo....

Vendo as listas que se presentan para gobernarnos: a quen votamos?
Ou mellor: A quen botamos?

Pontedeume está na UVI e non se ve persoal con ganas de darlle osíxeno. Parece persoal con ganas de darlle a puntilla.

Eumes dijo...

Antes de nada e como administrador deste blog agradecer as vosas loubanzas, loubanzas que me enorgullecen pero ainda non se merecen posto que é un largo camiño que nos queda por recorrer e ainda non fixemos mais que tentar erguernos.
O Rexurdir de Pontedeume está nas nosas mans, e penso que si os políticos legalmente elexidos por nós, non nos representan e non saben satisfacer as nosas necesidades e interesarse por as nosas inquedanzas, dende este blog, faremos todo o posible para recordarllelo, sexan de un partido ou de outro, con o único obxectivo de sacar a Pontedeume e bisbarra do obstracismo na que se está a mergullar.
Graciñas a todos, e espero as vosas inquedanzas e necesidades para si cabe entre todos facer mais forza e iniciar O Rexurdir de pontedeume.