jueves, 21 de junio de 2007

Aserrín, aserrán xa esta aquí o verán.

Como dí a canción "aserrín, aserrán xa esta aquí o verán", pero somentes como dí a canción, non se vos ocurra mirar pola fiestra para tratar de comprobalo, polo menos en Pontedeume.
Con a chegada do verán ábrense infinitas posibilidades de festa esgotándose as excusas para evitar sair de troula.
Sin ir mais lonxe para este fin de semán, xurde a posibilidade de expresar a nosa devoción por San Xoan, e participar nas múltiples sardiñadas o carón das múltiples lumeiradas ou cacharelas de San Xoan.
No noso concello ainda se mantén a tradición de porfiar que é de facer a lumeirada mais grande, ainda que teñamos que sair da vila para comprobalo e trasladarnos as parroquias do noso concello, tradición que na vila se perdeu imaxino que por cuestións de seguridade, pero quen non lembra as lumeiradas da "Estación", as da "Praza da Calzada" , imaxino que tamén habería algunha por a zona de "Ricardo Sánchez" descoñecendo este dato, pero destacando sobor de todas a de "Boavista" xa que era a mais grande de todas.
Para todos aqueles que fagan unha lumeirada ou cacharela, lémbrolles as verbas que deben decir o salvar as mesmas, xa que serven para purificar e botar os meigallos fora aparte de casar as mulleres que as salten sin tocar o lume veces impares. As verbas que coñezo son: "salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can" ou esta outra "Deus te dou, Deus te criou, Deus che saque este meigallo se alguén cho botou. Antes que o mal sexa visto, naceu Cristo, morra este mal e viva Cristo", e por último cando se achega a hora de bota-la borralla e as cinzas de cara o río e acaben no mar non esquezan decir: "Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de tí. Deus te leve ó mar onde non cantou a galiña nin o galo, pois o que cantou levouno o diaño"
Por último e para que estedes informados das moitísimas festas e caralladas que se celebrarán tanto no noso concello como en toda Galicia, poño o alcance da vosa man este buscador de festas para que non perdades ningunha, así como non podo evitar recomendarvos o enlace que tedes nesta páxina dun blog "Pontedeume en Festas" que trata de recopilar tamén as festas que surden argalladas a nivel local e non están recollidas por o buscador.

lunes, 18 de junio de 2007

Cando en Pontedeume se xuntan uns amigos.



Tódolos anos argallado por Xulio e Rosa donos do "Bar Fubolín" de Pontedeume para dar escomenzo a tempada de verán, celébrase unha comida nas Fragas do Eume, baixo a atenta e maxestuosa mirada do río Eume.
Este ano no ía ser menos, e ainda que o tempo ameazase choiva, animámonos un grupo de apróximadamente oitenta persoas.
Foi un día no que houbo de todo, dende música, maxia para os mais cativos, e sobor de todo comida e bebida a esgalla.
Nas fotografías anteriores, podedes ver un momento no que se estaba a afinar unha zanfoña feita feita por él artesanalmente, a presenza duns xamóns que tiveron a delicadeza de acompañarnos no evento e a sobremesa onde nos animamos a entoar unhas cantigas.
Amósovos tamén tres enlaces donde poderedes visionar tres vídeos; o primeiro titúlase "Afiando a Zanfoña", o segundo "Entoando antes da comida" e o terceiro a "Sobremesa nas Fragas do Eume".

miércoles, 13 de junio de 2007

Abelardo Miguel y María Fidalgo.


Na entrada anterior me fixen eco do chamamento de María Fidalgo para tratar de levar a cabo un estudio e catalogamento da obra de Abelardo Miguel.
Posto en contacto con a mesma e tras recibir un correo no que me amosa o cariño e ilusión que está a desempeñar na sua laboura, me obriga non so a tratar de axudala en todo o que sexa posible, senon que xa vos podo comentar que teño localizados varios cuadros, sobretodo retratos de mariñeiros, que lle farei chegar xunto con os comentarios e historias dos mesmos.
Achégovos un extracto do comentario que me mandou do cadro que teñen os meus sogros, no que amosa os seus coñecementos e espero vos anime a axudala.

"A paisaxe é un xénero que o traballou pouco como xénero individual, en cambio moito como complemento das suas obras de figuración e bodegón, por o que o cadro aparte da sua espectacular beleza ten o valor engadido da sua singularidade". María Fidalgo.

Graciñas por o teu comentario e tamén por a fotografía do cadro con que me agasallaches, a cal vos amoso.

domingo, 10 de junio de 2007

Abelardo Miguel.



Fágome eco dun chamamento feito nunha páxina dun amigo, Pontedeume na rede, na que unha muller se interesaba por a obra e traballo de Abelardo Miguel.
Dende este blog prégolles a tódolos visitantes do mesmo que si teñen algunha nova que aportar mas fagan chegar que me comprometo a mandarllas a María Fidalgo, persoa que tenta recopilar a sua obra e facer pública a mesma, poñendo a vosa disposición os artigos que a mesma publicou no Diario de Ferrol, na Opinión de Coruña e unhas enquisas persoais da mesma.
Dende este blog teño o orgullo de amosarvos a fotografía do cadro de Abelardo Miguel que preside o salón da casa dos meus sogros, cadro que Abelardo Miguel lles agasallou con motivo do seu casamento fai 37 anos, e no que nos amosa a vista que dende "Zopazos" se pode observar da ría, paisaxe que os Eumeses coñecemos ben.

viernes, 8 de junio de 2007

Buscando quen me visita.

Nunha tarde de choiva como a de hoxe, me propoño ver tanto a xente que me visita como a canle que seguen para chegar a esta páxina, por o que atopo páxinas de amigos como poden ser Pontedeume na rede ou a de Pontedeume-fala, páxinas nas que tedes unha ligazón para chegar a miña, pero o que me verdadeiramente me sorprendeu foi o descubrir que hai unha dirección onde podedes atopar blogs en galego, nas que me atopo.
Espero visitedes tanto as páxinas destes amigos como a que aglutina todolos blogs en galego, hai mais de 3.000, por o que vos aseguro entretemento por unhos intres.

jueves, 7 de junio de 2007

Catálogo de árbores senlleiras.

O pasado martes 17 de abril do presente ano ven de ser publicado no D.O.G.A. o Decreto 67/2007, de 22 de marzo, no que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, podendo presumir de ter na proposta dun principio que se fixo de catro árbores, penso que o último é de outro concello concretamente o de Miño, refírome o Piñeiro bravo de Leiro, e nun artigo publicado na Voz de Galicia do que vos adxuntarei o recorte do mesmo, veñen recollidos os tres que nos corresponden.
Veñen recollidos o Teixo - Tejo (Taxus baccata L) situado este xunto a casa dos Tenreiro, a casa que está o final do paseo marítimo de Pontedeume,ainda que na mesma hai duas árbores levando a fama a que está preparada; o Metrosidero Excelsa (Metrosideros excelsa Soland. ex Gaertn) situado este no xardin de Lombardero xunto o Torreón dos Andrade; e a Araucaria Excelsa (Araucaria heterophylla Salisb. Franco) situada esta última tamén na casa dos Tenreiro.
Existen tamén outras árbores que non veñen a ser mencionadas nin recollidas por o Catálogo como pode ser por exemplo o Teixo do asilo de ancians.
En posteriores entradas amosareivos fotografías dos mesmos, así como unha reseña e historia dos mesmos xa que baixo algún deles se celebraron Consellos de Ministros nos tempos de Azaña.

miércoles, 30 de mayo de 2007

Como nenos no patio do colexio.

Sígome a manifestar que non tentarei decantarme neste blog sobor da miña ideoloxía, pero non penso estar calado fronte as manifestacións de persoas deste pobo na prensa, manifestacións que temos que coidar xa que está a imaxe do noso pobo en xogo, porque señores, os xornais non só se reparten na vila, senon que se reparten por todo o territorio español amén das edicións dixitais que se espallan por tódolos rincons do planeta.
Refírome as verbas que recolleu no día de onte "La Voz de Galicia" nas páxinas locais, do responsable do B.N.G. de Pontedeume e que tiveron pronta réplica no día de hoxe por o responsable dos Independentes de Pontedeume.
Non me quero manifestar sobor das mesmas xa que pulsando nos enlaces poderedes sacar as vosas propias conclusións, pero o que si quero decir é que deixémonos de disputas de nenos no patio dun colexio, os trapos sucios se lavan na casa e non de cara a galería, e adiquémonos a endereitar o rumbo de Pontedeume que tanto se precisa, dende o goberno como dende a oposición.

lunes, 28 de mayo de 2007

28 de maio, ¿un día mais ou o rexurdimento?


Ultimos coletazos do 27 de Maio e amósanos a decisión do Pobo, que non é outra que prefire un cambio no goberno, sexa para ben ou para mal o tempo dará ou quitará razóns, pero sin querer entrar a valorar a cor de donde se mire, o pobo decidiu.
Deixando os triunfalismos, xa que hai que traballar moito, os agora gobernantes deben saber que foron elexidos por e para o pobo, e me ven a mente unha imaxe que quixen inmortalizar onte a tarde, mais ou menos sobor da hora do reconto dos votos, na que se pode ver un Pontedeume na penumbra e unhas raiolas de sol que tímidamente pelexan con as nubes, por o que dende este blog vos pido que xunto o voso esforzo, fagades que as mesmas iluminen o Pobo e o Rexurdir de Pontedeume escomence a ser unha realidade.

domingo, 27 de mayo de 2007

27 de Maio, ¿un día mais?

27 de Maio día no que estamos chamados a exercer o noso dereito a votar, é día no que se volverán a repetir conductas que me irritan especialmente: a pouca costume que temos de usar as cabinas, con a conseguinte degradación do segredo do voto, e a onerosa e mal retribuida carga que se lle impón a tódolos menbros das mesas. Especialmente por ser hoxe o día de acudir a votar, e para que ninguén me acuse inxustamente, dende aquí invito a tódolos cidadáns a exercitálo seu dereito para así poder nomear a quen queremos poñer a fronte do noso concello os vindeiros catro anos, incluso no caso, nos que nos atopamos moitos, de ter que abrazar unha opción sin un exceso de fervor. Absteñerse é deixar que decidan outros, e sempre haberá alguén que te fastidiará mais que aquela persoa que non che acaba de convencer. Penso que tódolos candidatos, gañen ou perdan, deberían meditar sobor da menguante seducción que o seu colectivo exerce sobor de todos nós. Creo que se debería inxeniar outra forma de pedir o voto, pero o mais importante, outra forma de usalo.

viernes, 25 de mayo de 2007

Por fin remata.



Está a piques de rematar a campaña electoral, tempo, nos que tivemos a oportunidade de ver como desenrolaban o seu traballo tódolos partidos, e nos facían mais ameno o transcurrir dos días o son das suas verbas e himnos das suas cores. Todos poidemos ver tamén os carteis que adornan a nosa vila, que se reproduxeron por tódolos rincóns do noso concello, esperando que se marchiten e desaparezan o remate das eleccións con a mesma rapidez con a que afloraron e non aparezan ata as vindeiras, por o que dou parabens por anticipado. Pero amplio os parabens porque se respetase o concello, me explico, porque fixen unha viaxe estes días e non saía do meu asombro o comprobar que neses lugares as flores tardarán en marchitarse e somentes o poderán facer con o tempo, moito tempo, xa que os carteis se pegaron a paredes, contedores de lixo, e mais lugares nos que perdurarán ata que o paso do tempo os faga desaparecer, amósovos unhas imaxes que dan conta do que estou a falar.
Por outro intre, fágome eco dun artigo publicado nun blog amigo do que dispoñedes unha ligazon dende aquí, no que enumera as multiples opcións extras de festa no pobo que xurden para o día de hoxe.

viernes, 18 de mayo de 2007

Ainda nos quedan os careixons.



De paseo polas ruas e camiños de Pontedeume, aparte de disfrutar do seu entorno e beleza sin igual, aproveito para invitar a todas aquela persoas que esten a leer este artigo o comproben, se pode disfrutar nesta época do ano dos "careixons", un froito moi parecido os amorodos, mais pequeniño pero tamén mais doce.
Para ilustrar estas verbas amosovos unhas fotografías nas que podedes apreciar a beleza porque de sabor xa vos adianto que estaban moi bos.
Decirvos tamén que despois de collelos procedín a sua pesaxe nunha báscula dixital, arroxando un total de 683 gramos, eso si collendo somentes os maduros, por o que espero entendades non diga onde os atopei e así poder coller o resto.

Casualidade ou ¿xa lle tocaba?

Hoxe antes de sair da casa me chama a atención os ruidos dunha máquina de cortar o céspede, e o meu pensamento se vai a pensar no veciño, pero o me asombro non ten límites, igual que o faríades vos o descubrir que non se trataba do veciño, senón que eran os operarios do concello que están a cortala herba dos xardins.
Por un intre me poño a pensar que sería casualidade que nun artigo anterior nos referimos a mesma ou que xa lle tocaba, e decir, que por a sua lonxitude xa non se podían observar as bancadas nas que por certo eu non me sentaría, pero que impedían a sua visión. O resultado foi que xa temos os cañotos cortados, si digo cañotos e non herba, porque de tanto crecer agora o cortala, quedan uns cañotos nos que nin me atrevo a pisar calzado, ¿será unha estratexia do concello para preserválos xardíns?. É igual se foi casulidade ou non, o caso e que xa podemos ver as bancadas. Graciñas.

domingo, 13 de mayo de 2007

A sorte dos nenos deste pobo.

Nestas xornadas que estamos a vivir dende o meu punto de vista atípicas, xa que son datas nas que se aproveitan para facer inauguracións dos traballos realizados de cara a galería, no noso pobo seguimos a ter os mesmos problemas de sempre, as lousas da praza do mercado, chamada por todos nos "praza da viagra", e me pregunto se non será por culpa das arañas que veñen do Brasil , os problemas de tráfico, aparcamento e outros mais que todos sabemos.
Pero de todo esto quen saca mais proveito son os nosos nenos, xa que poden xogar o escondite nos parques con toda a facilidade que o concello se presta, porque con o esmerado coidado con que os manteñen, a herba e o que non o é, xa alcanza alturas que permiten que se camuflen sen seren vistos.

viernes, 11 de mayo de 2007

Arrancou a carreira por o Concello.

Onte as 00'00 horas escomenzou a carreira para subirse a poltrona do noso concello, por o que xa podemos ver as nosas ruas engaioladas con a publicidade dos distintos partidos que participan na mesma.
Dende este blog se anima a tódolos participantes a realizar unha carreira limpa, e que realicen o seu traballo o mellor posible, facendo chegar a tódolos votantes as suas ideas e proxectos, e entre todos saquemos o noso pobo do ostracismo en que se ve inmerso e lles prego traballen sin descanso, para que a partires do vindeiro 27 de maio O Rexurdir de Pontedeume sexa un feito e non unha utopía.

martes, 8 de mayo de 2007

Ainda estamos a tempo.

O erguerme e deambular polas rúas do pobo, se nota que é unha mañá especial, é 8 de maio a subida a Breamo, pero ainda que sexa festivo local se pode conceder un pouco de tempo a ollar a prensa e reparo nun artigo dunha persoa do val de Monterrei que persoalmente coñezo, que durante unhos intres me fai reflexionar, e me paro a pensar que deberíamos ensinarlles os nosos políticos o mesmo para despois poderlles preguntar a conclusión que sacan do mesmo. Dende este blog prego que se de traslado o mesmo a tódolos dirixentes políticos do noso pobo, para que O Rexurdir de Pontedeume non sexa unha utopía.
http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5784706

domingo, 6 de mayo de 2007

Aprendamos dos nosos nenos.

Onte me convenceron se e que ainda non o estaba, que temos que aprender moito dos nosos nenos.
No día de onte se celebraron os maios en Pontedeume, si non me equivoco era 5 de maio e non o día 1. Os nenos sairon e encheron de ledicia as ruas e a alameda de Raxoi, e persoalmente o ver esas caras cheas de ilusión e afán por levar o premio, fixeronme esquecer por un intre que onte non era o primeiro de Maio.
A xente que onte nos visitou era moita como en tódolos días de feirón, e o seu sentir era de ledicia e ilusión o ver os nosos nenos, pero tamén os embargaba a dúbida de que porqué se celebraban no día de onte, e ante as súas preguntas unha das respostas que mais me gustou dun veciño do pobo, foi a que lle dixo que neste pobo con o afán de recibir o visitante e para alegrarlle a sua estadía no día de onte, se volveron a celebrar os Maios.

jueves, 3 de mayo de 2007

Pontedeume no xornal.

Cando me ergo hoxe pola mañán e me dispoño a leer o xornal, me atopo con que di que o centro da economía de Pontedeume é o turismo, http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=5769163, e me xurden moitas dúbidas, a primeira ¿que é o que se está a facer no pobo para fomentar o turismo dende o concello? cando eu só vexo trabas para tódolos visitantes, dende o aparcamento para os seus vehículos o caos circulatorio tanto nos accesos como dentro do casco, este último debido principalmente a que cada un aparca o seu vehículo donde quere, ou mellor dito o mais cerca do seu destino, sexa enrriba dunha beirarúa ou en dobre fila, non facéndose nada por evitalo dende os que nos gobernan nin os que deben poñer orde. Outra duda que me xurde é o que pensarán a xente que nos visita, que caseque seguro dirán o que se me pasa pola mente, que non é outra cousa que vendo o tremendo potencial que ten o noso pobo e a beleza do mesmo, non sexan aproveitados axeitadamente, e debido a desidia e a falla dun plan de rehabilitación do casco de Pontedeume se vexan por caseque tódalas rúas casas abandoadas e en estado ruinoso.
Outra cousa que fai fomentar o turismo é a improvisación, posta de manifesto no cambio de fecha dos Maios, xa que si algunha persoa se desprazase o pobo para disfrutar dos mesmos se atopou con o cambio dos mesmos para o vindeiro día 5, sin querer entrar na desilusión dos nenos ese día. Esperemos que non se lles de por cambiar tamen a data da Subida a Breamo por cair en martes, que por certo meteogalicia da grandes probabilidades de faga bo tempo.

martes, 1 de mayo de 2007

1 de Maio, día do traballador.

Morre abril e dámoslle a benvida a maio, mes que nos ten reservados a os eumeses entre outras actividades lúdicas a subida a Breamo do día 8, día que será festivo local e data nas que tódos ou caseque tódolos eumeses participaremos da mesma con mais ou menos intensidade.

Pero mentras chega ese día, atopamos antes o día 1 de Maio, Día do Traballador, día no que moitos traballadores que pelexan por uns dereitos ou liberdades, manifestadose polas ruas de todo o territorio.

Dende Pontedeume non podía ser menos, e xa que non se puido ver o discorrer da mesma por as ruas da vila ou polas parroquias pertencentes o concello, fagamos que se vexan por este medio as gañas que ten o pobo de que se traballe por o mesmo e para o mesmo, fagamos que as nosas gañas se lles contaxien os nosos políticos tanto do goberno ou da oposición, que se den conta que os cidadáns os eleximos como os nosos representantes, non para figurar senon para traballar e loitar por Pontedeume.

Por eso dende o que representa o día de hoxe para todos nós, e por a ilusión con que se afrontou este proxecto, vos pido un pouco de compromiso e gañas, para que este día tamén sexa recordado por ser o día en que os eumeses adquiriron un compromiso de esforzo de cara O Rexurdir de Pontedeume.

domingo, 29 de abril de 2007

Cidadans de primeira ou segunda categoría.-

Nas datas que se nos aproximan, datas nas que o futuro do noso pobo se está poñendo en xogo, xurden moitas dudas de quen será o mellor e quen o peor, na que eu non quero entrar, pero o que na realidade estamos a ver e a situación no que se atopa o noso pobo, xa que prefiro facer unha páxina constructiva e que sirva para conseguir que se millore a nosa situación, que entrar a trapo e poñer a pan pedir a uns ou a outros. Para min tanta culpa teñen os que gobernan como os que non o fan e se atopan na oposición, xa que si os primeiros non fan nada por millorala, os segundos se quedan de brazos cruzados sin facer nada, cando todos, sexan de un partido ou de outro, son os nosos representantes.
En canto a situación do pobo e da comarca en xeral, podemonos referir a que nesta vida hai que ter sorte de vivir nun punto ou noutro, xa que si nas parroquias a deixadez é evidente, mesmo dentro do pobo temos a marxinación de que si vives nun número da rúa ou noutro. Por exemplo, que pensarán os veciños ou paseantes, moitos deles ancians, da rúa de ferrol que viven perto da estación, que teñen que chegar as suas vivendas por unhas beiraruas novas ata a altura da rúa ría de Ares, deixando o resto de seu traxecto as beiraruas vellas, cheas de buratos e con risco evidente de teren accidentes. E me fago a seguinte pregunta, ¿e que non pagan os seus impostos como os demais ou se atopan marxinados?. Tamén me pregunto, ¿qué primeira imaxe ofrece o noso pobo a tódolos viaxeiros que nos visitan por ferrocarril, por desgracia non son moitos, cando chegan a estación e ven o estado da mesma e os seus accesos?.
Tentemos lembrarlles os nosos gobernantes os nosos problemas, fagamos que tamén sexan os seus, non olvidando a actuación que tivo un veciño desta vila con un dos nosos problemas, me refiro o problema do alumeado público e a sua conservación, que se atopaba nun estado lamentable, con os cables a vista e accesibles a calquera persoa, con o risco evidente de que pasase un caso similar ao de Ribeira, e facendo forza no concello, eso si despois de trascurridos un ano en algunhos meses, conseguiu que se amañasen. Dende esta páxina agradecerlle o seu esforzo a este veciño, titular da páxina na que tedes unha ligazón dende este blog, e por amosarnos a tódolos veciños que con un pouco de esforzo por a nosa parte poderemos facer que O Rexurdir de Pontedeume sexa unha realidade.
Espero as vosas ideas e inquedanzas para tratar de que este esforzo non sexa en vano.

viernes, 27 de abril de 2007

O Rexurdir de Pontedeume

A creación deste blog, non busca outra cousa que O rexurdir de Pontedeume, pobo que fai uns anos era o refente da bisbarra e con o poder do paso dos anos, foi decaindo ata atoparse no obstracismo no que nos vemos mergullados.
Queremos facer deste blog un espello, que permita aos políticos e responsables de nos representar no goberno de Pontedeume, mirarse e saber das inquedanzas da xente, dos veciños de Pontedeume en definitiva de todos nós.
Por ese motivo e dende este blog, animo a participar a tódala xente sexan o non veciños da comarca, a mostrar as suas inquedanzas e pareceres así como as solucións que eles crean sexan ou non axeitadas.
Esperando a vosa participación sobre o Rexurdir de Pontedeume, que xa é hora de comenzar e sobretodo nestas datas que se nos achegan de promesas electorais, tomemos a palabra.
Unha aperta.